Proxectos

Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfasis nas mulleres viuvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades munici

Preséntase a terceira fase do proxecto B'an Chuinklal, que da continuidade á intervención no hábitat domiciliar saudable que a Xunta de Galicia ven apoiando dende o ano 2008, primeiro a través do Programa Integral Oxlajuj Tz'ikin e posteriormente a través dos proxectos presentados á convocatoria, por Arquitectura sin Fronteras nos anos 2015 e 2014.
 

Ano: 
2016
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Retalhuleu (municipio)
Axentes: 
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
Contraparte: 

Asociación Indígena Pro-Desarrollo Integral - ASIAPRODI; Federación de Asociaciones Civiles y Organizaciones para el Desarrollo del Hábitat Popular - FODHAP

Código CRS: 
16040 - Vivendas de baixo custo
16030 - Política de vivenda e xestión administrativa
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuir á mellora das condicións de saúde física e seguridade psicolóxica da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfasis nas mulleres viuvas e/ou solteiras.
Obxectivo Específico: Mellorar as condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfasis nas mulleres viuvas e/ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades, municipais, organizacións sociais e cooperativas.
 
 

Resultados e actividades: 

Resultados e actividades:
R.1.1. Fortalecer as capacidades do Consejo de Autoridades Comunitarias del Sur, actores Municipais de
Champerico e Organizacións da Sociedade Civil a través do exercicio de Auditoria social e procesos de formación.
A.1.1.1. Identificación de participantes.
R.1.2. Melloradas as condicións de acceso a un entorno domiciliar saudable e seguro de 26 familias (184 personas aprox.) de 3 comunidades do departamento de Retalhuleu en condicións de forte vulnerabilidade, con énfasis nas mulleres viuvas e solteiras.
A.1.2.1. 6 Obradoiros con temáticas sobre Auditoria social (1), Seguridade Humana (1),
hábitos hixiénicos (2) e ordenamento do sitio (2)
R.1.3. Melloradas as condicións de habitabilidade e hixiene nos fogares e no ordenamento do sitio de 50 familias pertencentes a 3 comunidades de Champerico, Retalhuleu.
A.1.3.1 Reunións de socialización con integrantes de COMUDE
R.1.4. O proxecto xestionouse de xeito adecuado, a partir de criterios de transparencia, seguimento e avaliacións continuas.
A.1.4.1. Creación de mesa técnica (FODHAP - ASF) para o seguimento do desenvolvemento da consultoría de Auditoria Social.
A.1.4.2. Selección de proxectos do FOPAVI para a realización dea consultoría
A.1.4.3. Desenvolvemento da consultoría de Auditoría Social a proxectos de FOPAVI
A.1.4.4. Socialización de documento final a organizacións da sociedade civil, Consejo de Autoridades Comunitarias del Sur e organismos institucionais.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: O proxecto proponse para 100 familias (710 personas) situadas nas comunidades do entorno da cabeceira Municipal de Champerico, no Departamento de Retalhuleu. Un total de 100 familias (710 persoas), serán beneficiadas con capacitacións en auditoría social, hábitos hixiénicos, ordenamento do sitio e seguridade humana; 26 familias, (184 persoas), serán beneficiadas cunha vivenda digna e saudable. Total: 906 persoas.
Indirecta: Constructores locais e mestres de obra. Prevese a contratación de 52 constructores locais e 3 mestres de obras para a execución das vivendas. As 15 comunidades e unha asociación membros da Cooperativa B´eljuj Q´anil (Santa Inés, San Juan El Húmedo, Victorias el Salto, Cuchuapan, El Triunfo, Monte Cristo, Aztlán, San Miguel las Pilas, La Verde, Nueva Cajolá, María del Mar, Victorias III, Colonia 20 de Octubre, Barrio La Esperanza, Asociación de Pescadores de Champerico) serán beneficiadas indirectas do proxecto ó incrementar os beneficios da mesma e por consecuencia os proxectos sociais executados nas comunidades. Os 28 membros do Consello de Autoridades Comunitarias do Sur (13 mulleres e 15 homes. Certificado das comunidades integradas no CACS) e o propio órgano, serán beneficiados. Tamén se benefician deste incremento nas ventas de persoal contratado, en total 11 persoas. Porase especial atención na incorporación activa e real das lideresas (especialmente as 13 mulleres do Consejo de Autoridades Comunitarias del Sur) Total: 7900 persoas.
 

Axudas: 

150.000,00 € (2016: 60.000,00 €; 2017: 90.000,00 €).