Proxectos

MELLORA DAS CONDICIÓNS DE ACESO E PERMANENCIA AO EMPREGO DOS TRABALLADORES INFORMAIS DO VERTEDOIRO DE RAFEY E DO BARRIO LA MOSCA - SANTA LUCÍA. SANTIAGO DE LOS CABALLEROS, REPÚBLICA DOMIN

Investigar sobre o vertedoiro para profundar os resultados do diagnóstico realizado acerca da dinámica actual dos buzos.

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
Santiago (provincia)
Axentes: 
CAMARA DE COMERCIO Y PRODUCCIÓN DE SANTIGO INC. (CCYPS)
Código CRS: 
11330 - Formación profesional
Obxectivos: 

Contribuír ao desenvolvemento produtivo, económico e social do vertedoiro de Rafey e o barrio de Santa Lucía – La Mosca da cidade de Santiago, República Dominicana, creando as condicións para promover a competitividade, a inversión, a oferta de emprego e a vinculación interna e externa dos actores.

Resultados e actividades: 

1. Cursos para buzos na área de xestión de desfeitos sólidos e reciclaxe.2. Cursos para buzos na área de seguridade e hixiene no traballo.3. Solicitude de información a INFOTEP e a través de entrevistas a empresas para coñecer cáles son os oficios ou técnicos que estas demandan para ofrecer os cursos nas áreas resultantes.4. Cursos de formación de buzos en carreiras técnicas en polos menos catro áreas diferentes de acordo ás demandas do mercado.5. Elaboración de polo menos 75 currículos aos buzos entrenados en carreiras técnicas.6. Realización de polo menos 20 entrevistas con empresas demandantes de servizos técnicos.7. Establecemento dun centro informativo con labores de recrutamento e intermediación no Centro da Xuventude e a Cultura de Cienfuegos (CJC).8. Establecemento de alianzas co INFOTEP, a través da súa bolsa de intermediación laboral, para satisfacer demandas de colocación de técnicos que se orixinan en dita institución por parte de empresas necesitadas de persoal.9. Realización de labores de acompañamento e seguimento a 50 buzos inseridos en empresas demandantes de emprego.10. Realización dun diagnóstico para determinar a dinámica de traballo dos buzos no vertedoiro de Rafey.11. Contratación dun sociólogo ou comunicador social para iniciar o traballo de acercamento e cooperación cos buzos.12. Creación dun sistema de acreditación de buzos que operan actualmente no vertedoiro en coordinación co concello de Santiago.13. Especialización das acreditacións por actividade económica ou de acordo co material que recolectan na actualidade.14. Realización dun acordo entre a Cámara de Comercio e o concello de Santiago para establecer unicamente o uso de buzos acreditados para as labores de separación ou reciclaxe. Isto é para limitar un pouco o ingreso de novas persoas ao vertedoiro e para asegurar que os que o facen, fano dentro duns parámetros de hixiene e seguridade máis aceptables.15. Realización de tres reunións por cada sector (plástico, cartón, vidro e metais) para a identificación de líderes sectoriais e a forma de organización máis conveniente, xa sexa microempresas ou cooperativas.16. Intervención educativa cos membros das microempresas ou cooperativas creadas para aprender a operar de forma simple na súa nova organización laboral.17. Análise da cadea de comercialización dos catro materiais seleccionados (plástico, cartón, vidro e metais) mellorando as condicións de intercambio das novas microempresas ou cooperativas creadas. 18. Elaboración dun plan de negocios por cada tipo de material recolectado seleccionado (plástico, cartón, vidro e metais).19. Elaboración dunha carpeta con detalles técnicos para presentar o vertedoiro de Rafey como un prospecto de negocio.20. Presentación da carpeta co prospecto de negocio ao concello de Santiago para acompañar o proxecto de instalación dunha planta de reciclaxe no vertedoiro.21. Presentar a carpeta co prospecto de negocio a posibles empresas ou empresarios inversores.22. Financiamento de equipos e indumentarias (guantes e mascarillas, cascos, botas e capas protectoras) para buzos acreditados e que traballen nas microempresas creadas.

Poboación beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa: todas as persoas que traballan actualmente de forma ilegal no vertedoiro de Rafey ou como buzos (separadores de lixo) ou como persoas intermediarias ou recicladores e persoas residentes no barrio de Santa Lucía.Poboación beneficiaria indirecta: poboación do barrio de Santa Lucía que vive indirectamente do traballo no vertedoiro (cociñeiras para os buzos, comerciantes do barrio, resto de membros da familia que viven do cabeza de familia...)

Axudas: 

102.033,00 Euros-Orzamento total do proxecto: 114.035,00 Euros