MELLORA DAS CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE BÁSICA NO MARCO DO PROGRAMA OXLAJUJ TZ´IKIN
O obxectivo do proxecto será a mellora das condicións hixiénico-sanitarias a través da construción de infraestruturas habitacionais. Establecerase unha planta de fabricación de elementos construtivos (bloques, tellas, estrutura de cuberta e pranchas de formigón) para utilizar os recursos da zona e a man de obra das comunidades para a construción das devanditas vivendas. Do mesmo modo que a fabricación se desenvolverá nas comunidades, na construción, propiamente dita, tamén se empregará man de obra das propias comunidades que será formada con capacitacións de varios niveis no INTECAP.
Período de execución: xaneiro 2009- decembro 2010
ASOCIACIÓN INDIGENA AGROPECUARIA PRO DESENVOLVEMENTO INTEGRAL (ASIAPRODI)
Contribuír á mellora das condicións hixiénico-sanitarias a través das infraestruturas habitacionais nas comunidades incluídas no programa
Construír e mellorar infraestruturas habitacionais nas comunidades facendo uso de todos os recursos materiais e humanos posibles nas comunidades do Programa Oxlajuj Tz´ikin
Implementación dos diferentes cursos de albanelaría a través do INTECAP.
Construción da infraestrutura para a planta de fabricación de materiais.
Compra de maquinaria e vehículo.
Determinacións técnicas, teóricas e prácticas para a elaboración dos elementos e sistemas de construción.
Capacitación no manexo da maquinaria para a fabricación de elementos construtivos.
Posta en marcha da fabricación de elementos construtivos.
Estudo de enxeñaría industrial que determine a implementación dunha actividade produtiva para as comunidades a partir da planta de fabricación de elementos de construción.
Verificación do proxecto básico e definición do proxecto de execución das infraestruturas habitacionais e das melloras das vivendas e os teitos mínimos.
Levantamento dos planos dos lotes onde se construirán as infraestruturas habitacionais novas e descrición pormenorizada do estado das vivendas e teitos mínimos que se van mellorar.
Construción das infraestruturas habitacionais.
Directa:
75 persoas capacitadas polo INTECAP (Instituto Técnico de Capacitación e Produtividade).
138 familias beneficiarias da mellora de teitos mínimos ou da construción de vivenda nova
O conxunto de comunidades que participan no Programa Oxlajuj Tz´ikin, ao dispoñer dunha planta de fabricación de materiais.
Indirecta:
18.000 persoas, pertencentes ás comunidades que participan no Programa Oxlajuj Tz´ikin, que ven melloradas as condicións de salubridade e o retroceso das enfermidades nas comunidades.
O Consello Micro-rexional e ASIAPRODI que se reforza como un órgano de xestión importante dentro das comunidades, a nivel municipal e a nivel departamental.
Grupo de mulleres das comunidades que van preparar os xantares para as capacitacións.
Toda a poboación de Guatemala de características semellantes á poboación beneficiaria do programa que se beneficie no futuro da construción doutras solucións habitacionais seguindo os modelos investigados ou utilizando as técnicas construtivas froito do traballo de análise e investigación realizado.
681678