Mellora das condicións de habitabilidade básica no marco do programa Oxlajuj Tz´ikin. Departamento de Retalhuleu - Guatemala. Fase IV
O proxecto, que dá continuidade ao traballo iniciado en 2008, ten como obxectivo mellorar as condicións de habitabilidade básica das familias que se atopan en situación de maior pobreza e vulnerabilidade das Comunidades do Departamento de Retalhuleu a través da construción e mellora de vivendas, capacitación en técnicas construtivas e impulso dunha actividade produtiva de fabricación de materiais de construción.
Asociación indíxena agropecuaria pro desenvolvemento integral (ASIAPRODI)
Obxectivo Xeral: O proxecto ten como obxectivo contribuír á mellora das condicións de saúde física e seguridade psicolóxica das comunidades do programa Oxlajuj Tz'ikin, mediante a realización das actuacións que se describen.
Obxectivo Específico: Construír e mellorar infraestruturas habitacionais nas comunidades facendo uso de todos os recursos materiais e humanos posibles nas comunidades do Programa Oxlajuj Tz´ikin.
Resultado 1.1.: Melloradas as condicións de habitabilidade básica de 15 familias de dúas comunidades do Programa Oxlajuj Tz´ikin.
Actividades:
A.1.1.: Establecer as xestións preliminares para a construción.
• Verificación das familias priorizadas.
• Visita-diagnóstico a cada parcela.
• Reunións coas familias para organizar o traballo e acordar os compromisos.
• Reunións e contratación da man de obra (mestres de obra, albaneis e soldadores).
• Compra e transporte de materiais.
• Reunións de comezo de obra con tódolos actores.
A.1.2.: Construción e mellora das infraestruturas.
Resultado 1.2.: Fortalecidas e melloradas a capacidade de xestión e a produtividade da cooperativa Beljuj Q´nil de fabricación de materiais de construción.
Actividades:
A.2.1.: Planificación e desenvolvemento das formacións nos temas de administración, xestión e calidade do produto.
A.2.2.: Talleres guiados para apoiar na definición dunha estratexia comercial e administrativa para a cooperativa.
A.2.3.: Definición e execución de obras de baixo custo na planta de fabricación.
A.2.4.: Dotación de mobiliario para a planta.
Directa: 15 familias que verán melloradas as súas condicións de habitabilidade, salubridade e hixiene a través da construción da vivenda. Traballadores contratados para o desenvolvemento dos proxectos, 30 albaneis, 2 mestres de obra e 2 soldadores. Na fabricación de materiais de construción na Cooperativa B´eljuj Q´nil traballarán 11 operarios. Nos transportes de materiais serán contratadas 5 persoas. Un total de 114 profesionais das comunidades serán beneficiados con traballo durante a execución do proxecto. As 17 comunidades do Programa beneficiaranse directamente da Cooperativa B´eljuj Q´anil. 18.000 persoas, pertencentes ás comunidades, que participan no Programa Oxlajuj Tz´ikin. O Consello Micro-rexional e ASIAPRODI que se reforza como un órgano de xestión importante dentro das comunidades, a nivel municipal e a nivel departamental. As xuntas directivas e estruturas comunitarias que ven reforzada a súa organización a través da execución dos proxectos.
Indirecta: As comunidades do ámbito de Champerico e Retalhuleu.
130137