Mellora das condicións de habitabilidade e das capacidades comunitarias para previr e mitigar riscos ante desastres e vulneracións de dereitos de 1.319 persoas (393 mulleres, 268 nenas, 382 homes e 276 nenos) das comunidades de La Balsa, La Cubana e Olivares, municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, República Dominicana.
A presente actuación forma parte dunha estratexia integral máis ampla levado a cabo no Concello de Ramón Santana, Provincia de San Pedro de Macorís (República Dominicana) a través do Plan Estratéxico Municipal ( PEM) desenvolvido desde o ano 2011 polo IDAC e ACPP. Concretamente o proxecto exposto desenvolverase en 3 bateyes do municipio, La Balsa, La Cubana y Olivares (un total de 1.319 persoas) e preténdese mellorar as condicións de habitabilidade básica la Balsa, mediante a erradicación dos barracóns e vivenda precaria e o reforzo das capacidades comunitarias (nos 3 bateyes) para previr e mitigar riscos antes desastres e para a protección das persoas (especialmente de mulleres, infancia e poboación migrante) ante a posible vulneración dos seus dereitos, desenvolvendo accións orientadas ao fortalecemento de capacidades en redución do risco de desastres (RRD) inclusiva. Esta nova intervención, forma parte á súa vez, dunha estratexia de intervención máis ampla de transformación e municipalización destes tres Bateyes que se está levando a cabo grazas ao apoio da Xunta de Galicia nas súas convocatorias de 2015 (sistema de auga e mellora da saúde comunitaria) e de 2017 (mellora da habitabilidade básica, saúde comunitaria e prevención de violencia de xénero).
Para iso, exponse 4 eixos fundamentais de actuación consistentes en:
1. Garantir o acceso a unha vivenda digna e saudable a 35 persoas (15 son mulleres e 20 homes) a través da construción e entrega a 9 familias de 5 bloques de vivendas encostadas (chamadas vivendas dúplex) cunha rede de depuración e conexión á fosa séptica existente con capacidade para 15 vivendas (a construción da mesma está prevista no proxecto de habitabilidade subvencionado pola Xunta de Galicia na convocatoria 2017).
2. Fortalecer a resiliencia comunitaria dos bateyes de La Balsa, La Cubana e Olivares para facer fronte aos impactos antes desastres e vulneracións de dereitos humanos.
3. Fomentar a protección da infancia residente nos Bateyes de La Balsa, La Cubana e Olivares ante desastres naturais e vulneración de dereitos.
4. Garantir o acceso á información sobre prevención, mitigación e resposta ante desastres das poboacións bateyanas así como a un coñecemento dos seus dereitos básicos
Instituto de Acción Comunitaria (Idac)
Obxectivo xeral: Garantir o dereito a unha vivenda e á protección das persoas ante desastres e violacións de DIH e DIDH
Obxectivo específico: Mellora das condicións de habitabilidade e das capacidades comunitarias para previr e mitigar riscos ante desastres e vulneracións dereitos de 1.319 persoas (393 mulleres, 268 nenas, 382 homes e 276 nenos) das comunidades de La Balsa, La Cubana e Olivares, municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, República Dominicana.
Accións comúns a todos os resultados:
- A.0.1: Constitución dun Comité de Dirección e Seguimento do Proxecto e elaboración dun Plan de Traballo
- A.0.2: Asemblea Comunitaria informativa de lanzamento do proxecto e renovación do Comité de Construción do Batey La Balsa.
- A.0.3: Deseño, impresión, colocación e distribución de materiais de visibilidade do proxecto.
Resultado 1.1: Garantido o acceso a unha vivenda digna e saudable a 35 persoas (15 mulleres e 20 homes) do Batey La Balsa, mes 12.
- A.1.1.1: Contratación de empresa construtora e organización dos grupos de traballo.
- A.1.1.2: Formación de reciclaxe do Comité de Construción en Veeduría Social.
- A.1.1.3: Limpeza e preparación do terreo para construción de vivendas.
- A.1.1.4: Marcación do terreo e cimentación por zapata
- A.1.1.5: Construción da estrutura da vivenda: levantamento de muros, instalación de teitos e terminacións.
- A.1.1.6: Instalación dunha rede de depuración e conexión á fosa séptica existente.
- A.1.1.7: Realización dun acto público de entrega e recepción das vivendas ás familias beneficiarias.
Resultado 1.2: Fortalecida a resiliencia comunitaria para facer fronte aos impactos de desastres e a vulneración de dereitos humanos no Batey La Balsa, La Cubana e Olivares, mes 12.
- A.1.2.1: Ciclo de Capacitación en RRD inclusiva dirixido ao equipo técnico do IDAC, Defensa Civil, CMPMR e UMGR
- A.1.2.2: Xornada de información comunitaria para a creación da Rede Intercomunitaria de PMR
- A.1.2.3: Ciclo de capacitación da Rede Intercomunitaria de PMR
- A.1.2.4: Campamento de “procura e rescate” coa Rede Intercomunitaria de PMR
- A.1.2.5: Elaboración de mapas de riscos e ameazas comunitarias.
- A.1.2.6: Elaboración dos Plans de Protección e RRD comunitarios
- A.1.2.7: Realización de simulacros comunitarios
Resultado 1.3: Fomentada a protección de 268 nenas e 276 nenos do Batey La Balsa, La Cubana e Olivares, ante desastres naturais e vulneración dos seus dereitos básicos, mes 12.
- A.1.3.1: Formación en Dereitos de infancia e instrumentos de protección nacionais e internacionais.
- A.1.3.2: Formación seguridade escolar dirixido ao persoal das escolas de La Cubana e Olivares e Asociacións de pais e nais e Amigos da Escola ( APMAE)
- A.1.3.3: Elaboración de 2 Plans Escolares de Xestión de Riscos de La Cubana e Olivares.
- A.1.3.4: Ciclo de charlas sobre RRD dirixida aos estudantes.
- A.1.3.5: Un taller de vídeo participativo sobre Dereitos da Infancia
- A.1.3.6: Encontro lúdico interescolar sobre RRD.
Resultado 1.4: Fortalecidos os mecanismos de comunicación comunitaria para a prevención de desastres e protección e defensa de DDHH no Municipio de Ramón Santana, mes 12.
- A.1.4.1: Formación do voluntariado da radio comunitaria do Centro Tecnolóxico Comunitario de Ramón Santana en técnicas radiofónicas e xornalismo comunitario.
- A.1.4.2: Elaboración e difusión de cuñas radiais sobre xestión de riscos e dereitos humanos entre a poboación beneficiase do proxecto.
- A.1.4.3: Deseño, elaboración e edición de 3 anuncios sobre prevención riscos e dereitos humanos.
- A.1.4.4: Vídeo sobre simulacro de emerxencia.
- A.1.4.5: Planificación e elaboración dunha campaña de difusión do proxecto.
Directa: Homes (382), Mulleres (393), Nenos (276), Nenas (268)
Indirecta: Homes (4.965), Mulleres (3.936)
200.600,00 € (2018: 80.240,00 € / 2019: 120.360,00 €)