MELLORA DAS CONDICIÓNS DE SAÚDE E SALUBRIDADE AMBIENTAL NA COMUNIDADE DE CCOLLO TARANI, FOMENTANDO A PARTICIPACIÓN COMUNAL EN EQUIDADE
O proxecto busca o desenvolvemento integral en equidade da comunidade indíxena campesiña de Ccollo Tarani, en extrema pobreza, mediante o fortalecemento das capacidades e potencialidades dos seus poboadores/as.
A orixe da iniciativa está no proceso de acompañamento e fortalecemento da estratexia nacional Crecer nos gobernos locais das provincias de Abancay e Andahuaylas levado a cabo pola contraparte Cáritas Abancay. Esta estratexia busca diminuír nun 11% a desnutrición crónica infantil en Perú para o ano 2010, mediante o traballo articulado dos gobernos locais e das institucións públicas competentes.
Período de execución: outubro 2010 - setembro 2011
Cáritas Abancay
Lograr o desenvolvemento rural sostible, promovendo a participación cidadá en equidade, na provincia de Abancay
- Construción de 50 micro recheos sanitarios e composteiros e 50 latrinas familiares así como a capacitación no seu uso e mantemento.
- Capacitación en reutilización dos residuos inorgánicos e en consumo de auga segura.
- Mellora do sistema de abastecemento de auga potable
- Instalación dun viveiro forestal e capacitación en produción de plantas forestais en viveiro.
- Formación de promotores voluntarios /as para difundir temas de sensibilización en DDHH.
- Programa de capacitación a familias en equidade de xénero, dereitos humanos e desenvolvemento persoal
- Campaña de identificación de persoas adultas e nenos/as indocumentados.
- Campaña de identificación e rexistro de casos de violencia familiar e alcoholismo e tratamento psicolóxico e legal a casos reportados
- Campaña de sensibilización para alfabetización e sesións de alfabetización de persoas adultas
- Instalación módulos de sistemas de rego por aspersión, de crianza de animais menores e hortas ecolóxicas familiares e capacitación nestes aspectos
- Formación de promotores/as agropecuarios/as e de saúde
- Control do estado nutricional en nenos menores de 5 anos
- Concurso de vivendas saudables e capacitación no seu ordenamento axeitado
- Construción de cociñas melloradas, roupeiros artesanais, refrixeradoras ecolóxicas, reposteiros artesanais, currais para animais.
- Capacitación en hábitos axeitados de hixiene e en saúde integral.
Os campesiños/as indíxenas da comunidade rural de Ccollo Tarani
174.515€ (2010: 87.257,50€ – 2011: 87.257,50€)