Proxectos

Mellora das condicións de vida da poboación campesiña de tres municipios das provincias de Azua e San Juan, consolidando a súa seguridade alimentaria mediante a implementación dun sistema produtivo agroecolóxico

O proxecto busca consolidar a seguridade alimentaria e mellorar as condicións de vida de 24 comunidades campesiñas de 3 municipios das provincias de Azua y San Juan , incrementando a base económica e alimentaria de 282 familias (Nun período de 2 anos) que presentan problemas graves de pobreza extrema, que repercuten no déficit alimentario sobre todo de nenas, nenos e mulleres. Este incremento exponse a través dun desenvolvemento produtivo agropecuario ecolóxico con enfoque de xénero e sustentabilidade ambiental.

Trátase dunha acción comunitaria de 89 organizacións campesiñas de tres municipios contiguos (Bohechío, Las Yayas e Padre Las Casas) situados na rexión sur da República Dominicana. Forma parte dun proceso de intervención na zona a medio-longo prazo (6-10 anos) deseñado por CEPROS e Mans Unidas. É a continuación do proxecto finalizado en 2018 “Acción comunitaria e fomento da produción agropecuaria sustentable en Los Fríos”.

A problemática que aborda o proxecto está focalizada na atención dos seguintes aspectos: vulnerabilidade fronte a fenómenos naturais e deterioración dos recursos naturais, inseguridade alimentaria, baixos ingresos consecuencia da fráxil produción agropecuaria e débil participación das familias campesiñas. Por iso, a estratexia de actuación céntrase nos seguintes compoñentes: Produción agropecuaria ecolóxica respectuosa cos recursos naturais e o medio ambiente e a participación cidadá activa, principalmente enfocada ás mulleres. A maior parte das familias traballan en minifundio cunha tecnoloxía anticuada, sobreviven a través dunha economía de subsistencia, non obteñen ningún tipo de axuda estatal e as súas colleitas ven afectadas polas secas, inundacións e furacáns que azoutan inesperadamente ao país. Por iso, a través da presente intervención, preténdese mellorar as prácticas agropecuarias para aumentar os ingresos das familias campesiñas destes tres municipios.

O proxecto marca unha opción preferente polas mulleres cabezas de familia, ao considerar que unha vez empoderada, a muller é motor fundamental para o cambio. Á súa vez, o proxecto formulouse coa información obtida dos titulares de dereitos, responsabilidades e obrigacións durante a elaboración no 2016 do diagnóstico participativo e a elaboración da liña de base a mediados do 2018, coas que se estableceu unha estratexia de desenvolvemento social.

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
Azua (provincia)
San Juan (provincia)
Axentes: 
MANS UNIDAS
Contraparte: 

  Centro de Estudios y Promoción Social, INC. (CEPROS)

Código CRS: 
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
31120 - Desenvolvemento agrario
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Consolidada a seguridade alimentaria e melloradas as condicións de vida das comunidades campesiñas de 3 municipios da provincia de Azua e San Juan.

Obxectivo específico: Incrementada a base económica e alimentaria das comunidades campesiñas mediante un desenvolvemento produtivo agropecuario ecolóxico con enfoque de xénero e sustentabilidade ambiental.

Resultados e actividades: 

RE1: Comunidades campesiñas capacitadas en técnicas de produción agro-ecolóxica e agroforestería implementan sistemas produtivos diversificados con criterios de sustentabilidade ambiental.

A.1.1: 3 Cursos talleres sobre manexo e conservación dos recursos naturais,  agro-forestería e agricultura sustentable.

A.1.2: 4 Xornadas educativas de campo sobre manexo e conservación dos recursos naturais,  agroforestería e agricultura sustentable.

A.1.3: Elaboración e deseño de 2 Cadernos Populares Educativos sobre manexo en agroforestería e agricultura sustentable.

A.1.4: Intercambio de experiencias entre produtoras e produtores de Bohechio, Las Yayas, Padre Las Casas e outros lugares do país.

A.1.5: 1 Feira de sementes nativas.

A.1.6: Implementación de 110 parcelas agroforestais familiares.

A.1.7: Instalación de 4 viveiros comunitarios de froiteiros, cacao e café.

RE2: Familias campesiñas formadas no manexo e crianza de animais, xestionan granxas respectuosas co medio ambiente.

A.2.1: 3 Cursos talleres sobre manexo e crianza de animais domésticos.

A.2.2: 4 Xornadas educativas de campo sobre manexo e crianza de animais domésticos.

A.2.3: Elaboración e deseño de 2 Cadernos Populares Educativos sobre manexo e crianza de animais domésticos.

A.2.4:. Implementación de granxas familiares para a crianza de animais domésticos.

RE3: Fortalecidas as habilidades de liderado, proposta e negociación das organizacións campesiñas para  incidir  sobre  políticas  públicas  relacionadas con seguridade alimentaria e equidade de xénero, desde o enfoque de dereitos.

A.3.1: 3 Cursos talleres de formación en liderado, incidencia política e igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

A.3.2: 4 Xornadas educativas sobre liderado e asociacionismo campesiño e dereitos económicos, sociais e culturais desde o enfoque de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

A.3.3: Elaboración e deseño de 2 Cadernos Populares Educativos sobre liderado e asociacionismo campesiño e dereitos económicos, sociais e culturais desde o enfoque de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

A.3.4: 1 Encontro de dirixentes de asociacións e xuntas campesiñas con funcionarios públicos e medios de comunicación.

A.3.5: Talleres sobre elaboración de plan institucional en materia de xénero e en formación sobre elementos básicos para a promoción e capacitación de Xuntas Campesiñas e A Coordinadora en materia de xénero.

A.3.6: Xornadas educativas de formación en igualdade de oportunidades entre homes e mulleres na coordinadora de xuntas e as 9 xuntas de asociacións campesiñas.

RE 0: Seguimento e posta en marcha das actividades.

A.0.1: Planificación, seguimento, vixilancia e avaliación.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.763 en total: Homes (850), Mulleres (913)

Indirecta: 7.052 en total: Homes (3400), Mulleres (3652)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 60.000 € (2019)