Mellora das condicións de vida da poboación campesiña de tres municipios das provincias de Azua e San Juan, consolidando a súa seguridade alimentaria mediante a implementación dun sistema produtivo agroecológico
O proxecto busca consolidar a seguridade alimentaria e mellorar as condicións de vida de 24 comunidades campesiñas de 3 municipios das provincias de Azua e San Juan, incrementando a base económica e alimentaria de 282 familias que presentan problemas graves de pobreza extrema, que repercuten no déficit alimentario sobre todo de nenas, nenos e mulleres. Este incremento exponse a través dun desenvolvemento produtivo agropecuario ecolóxico con enfoque de xénero e sustentabilidade ambiental. Trátase dunha acción comunitaria de 89 organizacións campesiñas de tres municipios contiguos (Bohechio, Las Yayas e Padre Las Casas) situados na rexión sur da República Dominicana. Forma parte dun proceso de intervención na zona a medio-longo prazo (6-10 anos) deseñado por CEPROS e Mans Unidas.
Centro de estudos y promoción social, INC. (CEPROS)
Xeneral: Consolidada a seguridade alimentaria e melloradas as condicións de vida das comunidades campesiñas de 3 municipios da provincia de Azua e San Juan.
Específico: Incrementada a base económica e alimentaria das comunidades campesiñas mediante un desenvolvemento produtivo agropecuario ecolóxico con enfoque de xénero e sustentabilidade ambiental.
RE 1.0 Seguimento e posta en marcha das actividades
- A 1.0.1 Planificación, seguimento, monitoreo e avaliación. Actuacións de Seguimento das actividades por parte do persoal, auditoría e avaliación externas.
RE 1.1. Comunidades campesiñas capacitadas en técnicas de produción agroecológica e agroforestería implementan sistemas produtivos diversificados con criterios de sustentabilidade ambiental.
- A.1.1.1 3 Cursos talleres sobre manexo e conservación de os recursos naturais, agroforestería e agricultura sustentable.
- A 1.1.2 4 Xornadas educativas de campo sobre manexo e conservación dos recursos naturais, agroforestería e agricultura sustentable.
- A 1.1.3. Elaboración e deseño de 2 Cadernos Populares Educativos sobre manexo en agroforestería e agricultura sustentable.
- A 1.1.4 Intercambio de experiencias entre produtoras e produtores de Bohechio, Las Yayas, Padre Las Casas e outros lugares do país.
- A 1.1.5 1 Feira de sementes nativas.
- A 1.1.6 Implementación de 110 parcelas agroforestais familiares.
- A 1.1.7 Instalación de 4 viveiros comunitarios de froiteiros, cacao e café.
RE 1.2 Familias campesiñas formadas no manexo e crianza de animais, xestionan granxas respectuosas co medio ambiente.
- A 1.2.1 Cursos talleres sobre manexo e crianza de animais domésticos.
- A 1.2.2 4 Xornadas educativas de campo sobre manexo e crianza de animais domésticos.
- A 1.2.3 Elaboración e deseño de 2 Cadernos Populares Educativos sobre manexo e crianza de animais domésticos.
- A 1.2.4 Implementación de granxas familiares para a crianza de animais domésticos.
RE 1.3 Fortalecidas as habilidades de liderado, proposta e negociación das organizacións campesiñas para incidir sobre políticas públicas relacionadas con seguridade alimentaria e equidade de xénero, desde o enfoque de dereitos.
- A 1.3.1 3 Cursos talleres de formación en liderado, incidencia política e igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
- A 1.3.2 4 Xornadas educativas sobre liderado e asociacionismo campesiño e dereitos económicos, sociais e culturais desde o enfoque de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
- A 1.3.3 Elaboración e deseño de 2 Cadernos Populares Educativos sobre liderado e asociacionismo campesiño e dereitos económicos, sociais e culturais desde o enfoque de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
- A 1.3.4 1 Encontro de dirixentes de asociacións e xuntas campesiñas con funcionarios públicos e medios de comunicación.
- A 1.3.5 Xornadas educativas de formación en igualdade de oportunidades entre homes e mulleres na coordinadora de xuntas e as 9 xuntas de asociacións campesiñas.
O proxecto leva a cabo nestas 2 provincias, en 24 comunidades dos municipios de Las Yayas, Padre Las Casas e Bohechio, traballando de forma directa con 913 mulleres e 850 homes e as súas familias, 7.052 persoas.
Axuda Xunta de Galicia: 60.000 €