Proxectos

Mellora das condicións de vida para a ampliación das capacidades e as liberdades das persoas mediante un proceso de participación cidadá e comunitaria con enfoque de xénero no Distrito Municipal Santiago Oeste - Asociado a IDI Rep. Dominicana- Fase III.

Esta proposta desenvólvese en República Dominicana, país prioritario para a cooperación galega, concretamente no distrito Municipal de Santiago Oeste. A zona de intervención caracterízase por ter unhas condicións de habitabilidade precarias con zonas de difícil acceso aos fogares na zona alta e con vivendas construídas en zonas vulnerables a derrubes e inundacións preto da cañada. Os elevados niveis de refugallos sólidos, agravados pola presenza da vertedoiro de Rafey, xunto á presenza de augas residuais e lixiviados inciden nun elevado risco na transmisión de enfermidades contaxiosas. O proxecto pretende dar continuidade ás accións das fase anteriores (Fases I e II) pero ampliándose o marco de intervención ao distrito Municipal de Santiago Oeste.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
Santiago Oeste (distrito municipal)
Axentes: 
FUNDACIÓN BALMS PARA LA INFANCIA
Contraparte: 

Fundación Solidariedade & Centro Integral para o Desenvolvemento Local (CIDEL)

Código CRS: 
15150 - Fortalecemento sociedade civil
16020 - Política de emprego e xestión administrativa
41081 - Educación / formación medioambiental
43030 - Desenvolvemento e xestión urbanos
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao desenvolvemento integral do Distrito Municipal de Santiago Oeste coa participación de titulares de Dereitos, obrigacións e responsabilidades no marco da END 2030 para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Específico: Mellora das condicións de vida da poboación mediante un proceso de participación cidadá e comunitaria con enfoque de xénero no Distrito Municipal de Santiago Oeste, República Dominicana.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Melloradas as condicións de habitabilidade no Distrito Municipal de Santiago Oeste mediante unha estratexia de incidencia comunitaria e concertación público- social.

            A.1.1.1 Mellora das vías de acceso ás vivendas do Barrio Santa Lucía a través da construción dos últimos tramos dos peonís previstos e priorizados pola poboación.

            A.1.1.2 Mellora das instalacións das organizacións sociais de Santiago Oeste para favorecer o seu labor na comunidade.

            A.1.1.3 Consolidación do Consello de desenvolvemento Comunitario como espazo de concentración para unha habitabilidade sostible en Santiago Oeste.

A.1.1.4 Estudo sobre os terreos municipais dispoñibles para construción potencial de equipamento comunitario.

            A.1.1.5 Deseño de construción e orzamento dos equipamentos comunitarios máis demandados pola poboación: Espazos deportivos, centros comunais e centros sanitarios.

            A.1.2.6 Seminario por unha habitabilidade sostible, presentación e análise do Plan integral de Desenvolvemento de Santiago Oeste.

RE 1.2 Fortalecidas as capacidades da poboación para a incidencia en políticas ambientais e sociais inclusivas mediante unha estratexia de xeración de cidadanía activa, especialmente en mulleres e poboación adolescente.

            A.1.2.1 Campaña de educación ambiental. Xornadas de limpeza no distrito.

A.1.2.2 Estratexia de comunicación e incidencia a nivel nacional sobre a situación da cañada e a súa necesidade de saneamento.

A.1.2.3  Programa de educación ambiental nas escolas de Santiago Oeste cos clubs ambientais en Comités ambientais educativos (CAE) e Comités ambientais de aulas (CAA). Xornadas de limpeza e reciclaxe e instalación de puntos limpos.

A.1.2.4 Programa piloto de hortas escolares nos centros educativos de Santiago Oeste.

A.1.2.5 Programa de reciclaxe e uso de material reciclado na Escola de arte e tempo libre Mauro Lorenzo.

A.1.2.6 Acompañamento e apoio ás organizacións sociais de Santiago oeste.

A.1.2.7 Fortalecemento da mesa de xénero e seguridade en cumprimento do novo plan estratéxico e planificación de actividades.

RE 1.3 Incrementadas as capacidades das persoas, con especial incidencia nas mulleres, para a xeración de dinamización económica no Distrito Municipal de Santiago Oeste.

            A.1.3.1 Continuidade do programa de activismo xuvenil: Traballo desde as organizacións sociais. Proxecto final nunha organización social.

            A.1.3.2 Asesoría técnica especializada para os emprendementos liderados por mulleres de pasados proxectos.

            A.1.3.3 II Feira de proxectos cooperativistas e microempresariales liderados por mulleres.

            A.1.3.4 Continuidade de apoio á Cooperativa de Aforro e crédito de Santiago Oeste. Deseño de protocolo de actuación e lanzamento de convocatoria de proxectos.

            A.1.3.5 Campaña para o fomento do emprendemento individual e colectivo no marco da economía social.

            A.1.3.6 Xornadas de emprego en consorcio coas empresas da Zona Franca.

            A.1.3.7 Fortalecemento da ludoteca no centro comunal Mauro Lorenzo.

Poboación beneficiaria: 

Directa:  13.212 (4.668 homes; 4.547 mulleres; 2.018 nenos; 1.979 nenas)

Indirecta: 223.805 (113.552 homes; 110.253 mulleres)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 184.997,70€ (73.999,08€ en 2023 e 110.998,62€ en 2024)