Proxectos

Mellora das condicións de vida para a ampliación das capacidades e as liberdades das persoas mediante un proceso de participación cidadá e comunitaria con enfoque de xénero no Distrito Municipal Santiago Oeste -Asociado a IDI República Dominicana- Fase IV

O proxecto pretende contribuír á mellora da calidade de vida da poboación de Santiago Oeste mediante o fortalecemento dun hábitat digno, inclusivo e resiliente. Búscase xerar unha contorna máis xusta e equitativa, con vivendas adecuadas, estruturas de participación cidadá activas e condicións propicias para o desenvolvemento económico local con enfoque de xénero.

A zona de intervención caracterízase por profundas desigualdades estruturais, alta vulnerabilidade ambiental e social, así como unha débil articulación institucional. En barrios como Santa Lucía, La Piña, Villa Rosa, Alma Rosa y Las Colinas, concéntrase unha poboación exposta a condicións precarias de habitabilidade, informalidade laboral, falta de servizos básicos e unha contorna severamente impactada pola contaminación.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
Santiago Oeste (distrito municipal)
Axentes: 
FUNDACIÓN BALMS PARA LA INFANCIA
Contraparte: 

Centro Integral para el Desarrollo Local (CIDEL) e Fundación Solidaridad

Código CRS: 
16030 - Política de vivenda e xestión administrativa
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao desenvolvemento integral do Distrito Municipal de Santiago Oeste coa participación de titulares de Dereitos, obrigacións e responsabilidades no marco da END 2030 para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Específico: Mellora das condicións de vida da poboación mediante un proceso de participación cidadá e comunitaria con enfoque de xénero no Distrito Municipal de Santiago Oeste, República Dominicana.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Melloradas as condicións de habitabilidade no Distrito Municipal de Santiago Oeste mediante unha estratexia de incidencia comunitaria e concertación público- social.

A.1.1.1 Programa piloto de substitución de pisos de terra en vivendas por pisos de cemento.

A.1.1.2 Programa de financiamento de reformas que aseguren a estabilidade das vivendas en situación de risco.

A.1.1.3 Creación de comité xestor para a selección, vixilancia e avaliación dos programas de reformas.

A.1.1.4 Elaboración de estudos técnicos das vivendas, plans de obra e orzamentos que se presenten aos programas de reformas.

A.1.1.5 Campaña comunitaria de sensibilización e mobilización en torno ao dereito a unha vivenda digna e segura.

A.1.1.6 Sistematización dos programas de mellora das vivendas.

A.1.1.7 Continuidade da campaña para o saneamento cañada “Santa Lucía Sa”.

 

RE 1.2 Fortalecidas as capacidades da poboación para a incidencia en políticas ambientais e sociais inclusivas mediante unha estratexia de xeración de cidadanía activa, especialmente en mulleres e poboación adolescente.

A.1.2.1 Fortalecemento dos consellos de desenvolvemento e xuntas de veciños para a incidencia en políticas públicas sostibles e igualitarias.

A.1.2.2 Apoio técnico para a posta en marcha e funcionamento do consello de desenvolvemento de Santiago Oeste

A.1.2.3 Elaboración de Plan de xestión de riscos do distrito municipal de Santiago Oeste

A.1.2.4 Continuidade do programa de hortos escolares

A.1.2.5  Campaña Desplastifícate

A.1.2.6 Rally ecolóxico para mozos e adolescentes

A.1.2.7 Programa de formación artística e materiais reciclados na escola de Arte e tempo libre Mauro Lorenzo

 

RE 1.3 Incrementadas as capacidades das persoas, con especial incidencia nas mulleres, para a xeración de dinamización económica no Distrito Municipal de Santiago Oeste.

A.1.3.1  Fortalecemento da ludoteca no centro comunal Mauro Lorenzo.

A.1.3.2 Curso desenvolvo económico local para pequenos empresarios de Santiago Oeste

A.1.3.3 Creación do foro económico permanente de Santiago Oeste

A.1.3.4 Xornadas para o fomento da Axencia de desenvolvemento económico local

A.1.3.5 Feira de proxectos cooperativistas e microempresariales liderados por mulleres.

A.1.3.6 Consolidación da Rede de mozas de Santiago Oeste como asociación con entidade xurídica propia

 

Poboación beneficiaria: 

Directa: 13.212 (6.526 mulleres/nenas, 6.686 homes/nenos)

Indirecta: 223.805 (110.253 mulleres/nenas, 113.552 homes/nenos)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

184.999,34 € (64.749,77 € en 2025 e 120.249,57 € en 2026)