MELLORA DAS CONDICIÓNS NA ATENCIÓN SANITARIA DO PORTO PRÍNCIPE DESPOIS DO TERREMOTO
Antes do terremoto de xaneiro o país encontrábase en una etapa de transición epidemiolóxica, manifestada pola diminución das enfermidades infecciosas fronte a un aumento das enfermidades crónicas non transmisibles; e unha diminución da desnutrición.
Na actualidade o país encóntrase especialmente vulnerable a padecer un aumento importante de enfermidades infecciosas, derivadas da situación de urxencia que atravesa: condicións de vida insalubre, contacto con cadáveres nas rúas, falta de auga potable, infeccións por lesións mal curadas o sen curar etc.
Este proxecto persegue as liñas de actuación encamiñadas á consecución do Plan de Acción para a recuperación e o desenvolvemento de Haití, elaborado na conferencia Internacional de doadores para Haití que tivo lugar en Nova York o 31 de marzo de 2010. Este plan ten como obxectivos prioritarios o desenvolvemento económico e social e acceso a servizos sanitarios de calidade.
A problemática detectada e demandada por persoal sanitario da zona é a carencia de subministracións para poder suplir as necesidades básicas das familias, carencia de material clínico, tanto funxible como non funxible e equipos sanitarios. Esta demanda estase realizando dende varias organizacións internacionais como a OMS ou a OPS, que resaltou a necesidade de material ortopédico. Estes feitos fundamentan e xustifican ás accións formuladas neste proxecto.
Neste proxecto formúlase a instalación e posta en marcha dunha unidade de atención primaria na Asociación Nacional de Enfermeiras de Haití en Porto Príncipe, totalmente equipada para poder prestar servizos coa maior brevidade posible. Á súa vez, dotaranse as enfermeiras de maletíns e mochilas de atención en urxencias e de atención en partos, para que poidan ser utilizados tanto na unidade de asistencia da sede como ser levados a outros postos de saúde ou en consultas a domicilios.
Viaxará un/unha experto/a expatriado/a en urxencias que estará 2 semanas en terreo realizando labores de asesoramento ás enfermeiras da zona.
Association Nationale des Infirmiries Licenciees d`Haiti (A.N.I.L.H)
OX: contribuír a mellorar as condicións de vida da poboación damnificada polo terremoto de Haití.
OE: mellorar as condicións na atención sanitaria de Porto Príncipe, tras o terremoto
53548,78