Proxectos

Mellora das condicións para o aproveitamento sostible e solidario dos recursos pesqueiros e acuícolas da zona del Bajo Lempa, O Salvador (Fase V)

O presente proxecto pretende contribuír a mellorar as condicións de vida de 772 familias dos municipios de Tecoluca, San Luís La Herradura e Zacatecoluca, O Salvador, mediante a mellora das condicións económicas, ambientais e organizativas de 3.864 habitantes (1.941 homes e 1.923 mulleres).

A intervención insérese nunha estratexia de cooperación máis ambiciosa coa que se contribuíu e estase contribuíndo substancialmente a fortalecer, de forma paulatina e sostible, o sector da pesca artesanal da zona beneficiaria. O conxunto da intervención ten un enfoque en cadea que se basea en actuacións graduais e interdependientes. A primeira, segunda e terceira fase desta intervención xa foron executadas e a cuarta fase estase executando neste momento. A lóxica gradual do proxecto posibilitou a evolución desde a conservación do medio e a extracción sostible e organizada de peixe pasando pola transformación e diversificación da extracción do produto marítimo (mediante prácticas acuícolas), a súa posterior comercialización e ata o aproveitamento das posibilidades eco-turísticas da zona de actuación, logrando, deste xeito, facer da actividade pesqueira e os seus derivados unha alternativa produtiva e sostible para o autodesarrollo da comunidades beneficiarias.

Ano: 
2011
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
O SALVADOR
Zona de actuación: 
Zacatecoluca (municipio)
Tecolula (municipio)
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Contraparte: 

Asociación Fundación para a Cooperación e o desenvolvemento Comunal de O Salvador

Código CRS: 
31310 - Política pesqueira e xestión administrativa
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Mellora das condicións de económicas, socio organizativas e ambientais de 772 familias do municipio de Tecoluca, Departamento de San Vicente e dos municipios de San Luís da Ferradura e Zacatecoluca, Departamento da Paz, O Salvador.
Obxectivo específico: Mellora das condicións para o aproveitamento sostible e solidario dos recursos pesqueiros e acuícolas da zona do baixo Lempa, O Salvador.

Resultados e actividades: 

 - Conformación do equipo técnico do proxecto e elaboración dun plan de seguimento e avaliación das actividades do proxecto.
- Realización do plan de traballo administrativo e posta en marcha do plan de seguimento e avaliación das actividades de proxecto.
- Desenvolvemento do proceso de sistematización das 5 fases de intervención no Baixo Lempa.
- Elaboración do informe de sistematización e posta en marcha dun Plan de Uso e Comunicación.
- Deseñar, revisar e producir materiais básicos de apoio para a xerencia da Planta de procesamiento de Peixe.
- Deseñar de forma consensuada un Plan de Viabilidade trianual da Planta de Procesamiento de Peixe e realizar monitoreo sobre o Plan de Viabilidade, sobre todo con respecto ás Estratexias de Vendas, o Mercado, os Clientes e a Política de Comunicación.
- Asegurar a subministración de materia prima por parte das Cooperativas Socias da Planta de Procesamiento de Peixe e realización de informes de peche da Xerencia asistida.
- Construción e adquisición de equipos de almacenamento e procesamiento.
- Realización de experimentos acuícolas e construción dun pozo tipo punteira.
- Acondicionamento de vehículo e compra de equipos para comercialización.
- Cotización e compra de apeiros e equipos de pesca e frecuencias de radio e firma de convenios de transferencia.
- Xornadas de formación Modulo III Comercialización PROFOPAC.
- Xornadas de formación sobre mantemento e reparación de motores de Lancha.
- Intercambio de experiencias co sector pesqueiro de Galicia.
- Realización dun plan de rutas para a venda de peixe e marisco.
- Participación en actividades sociais e de exposición e venda de produtos.
- Instalación e posta en funcionamento de 5 módulos para acuicultura na planta de procesamento de peixe.
- Elaboración e socialización dun estudo sobre "Alternativas de inserción económica e social das mulleres das comunidades pesqueiras do baixo Lempa".
- Seguimento e ampliación do curral para a recuperación da poboación de tartaruga mariña.
Instalación dun sistema de iluminación fotovoltaica e dotación de mobiliario para a exposición e venda de produtos.
- Xornadas de limpeza e sensibilización en coidado ambiental.
- Concurso de debuxo de temática ambiental en 7 centros escolares.
- Capacitación de escolares en materia radiofónica e realización de programas de radio para sensibilización ambiental e divulgación do traballo en radios comunitarias.
- Elaboración dun audio-reportaxe sobre o Plan de Pesca en Baixo Lempa.
- Realización dun Libro-audio.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 994 persoas, 569 nenos e homes e 425 nenas e mulleres, que está formada polos socios e as socias pertencentes ás 8 cooperativas de pesca, a Sociedade Cooperativa Bocana Lempa (planta de procesamento de pesca), o comité de mulleres comercializadoras e o comité de turismo da Isla Tasajera (curral de incubación de ovos de tartaruga) ,169 socios e 75 socias, ademais de 750 alumnos e alumnas de 7 centros escolares, 400 alumnos e 350 alumnas, dos cales 450 participarán nunha campaña de limpeza, 280 nunha formación en praguicidas e 12 alumnas e 8 alumnos nunha formación en técnicas radiofónicas.
Indirecta: 3.864 persoas (1.941 homes, 51,82%, e 1.923 mulleres, 48,18%) pertencentes ás 772 familias que habitan as 10 comunidades nas que se traballará.
 

Axudas: 

231.500,00 € (2011: 81.025,00 € - 2012: 150.475,00 €)