MELLORA DAS CONDICIÓNS PARA O APROVEITAMENTO SUSTENTABLE DOS RECURSOS PESQUEIROS E ACUÍCOLAS DA ZONA DO BAIXO LEMPA
Este proxecto inscríbese nun plan de actuación dirixido ao fortalecemento do sector da pesca artesanal na zona da desembocadura do río Lempa, dende unha perspectiva sostible, axeitada e respectuosa co medio e dá continuidade a tres fases previas xa executadas.
A fase que se presenta con este proxecto é a cuarta e última, polo que se enfoca ao reforzo daqueles elementos prioritarios para garantir un enfoque de sustentabilidade a longo prazo. É fundamental un papel activo de asesoramento dos axentes galegos de cooperación con experiencia no ámbito do desenvolvemento pesqueiro en Galicia nunha experiencia similar, por isto o proxecto é un consorcio entre ACPP, USC e Agareso e cóntase coa realización dunha asistencia técnica de Cetmar.
Co obxectivo de mellorar as capacidades da sociedade cooperativa Bocanalempa (das que forman parte as cooperativas beneficiarias) implementarase un ciclo de capacitación en xestión empresarial de desenvolvemento de competencias e deseñarase un plan de fortalecemento empresarial que marque as estratexias a seguir para garantir a sustentabilidade a longo prazo. Co apoio de Profopac, continuarase co proceso de capacitación dos pescadores/as das cooperativas e reforzaranse as capacidades materiais das 8 cooperativas beneficiarias mediante a dotación de apeiros para unha pesca sostible e segura, ademais de diversificar os insumos e as actividades produtivas das súas cooperativas membros.
Transversalmente, preténdese reforzar a integralidade da perspectiva de xénero en todas as actividades que se leven a cabo, para o que se realizará un ciclo de capacitación en equidade de xénero e masculinidade.
Período de execución: setembro 2010 – xullo 2011
Asociación Fundación para la Cooperación y el Desarrollo Comunal de El Salvador
Mellora das condicións de vida de 1026 familias do municipio de Tecoluca, departamento de San Vicente e dos municipios de San Luis de la Herradura e Zacatecoluca, departamento de La Paz
- Elaboración e posta en marcha do plan de fortalecemento da xestión empresarial
- Elaboración dun plan de fortalecemento empresarial da planta de procesamento de peixe
- Melloramento do ámbito e as vías de acceso á planta de procesamento de peixe e equipamento da oficina de xerencia da planta de procesamento de peixe
- Xornadas de formación sobre Profopac e xornadas de capacitación sobre normas legais, ecoloxía costeira, bioloxía de especie e vixilancia aérea
- Construción e posta en funcionamento de currais de cultivo e compra e traslado de sementes de moluscos
- Elaboración dun perfil de situación da muller nas comunidades pesqueiras do Baixo Lempa e dun estudo do potencial acuícola da desembocadura do Baixo Lempa
- Xornadas de capacitación en equidade e roles de xénero e Xornadas de capacitación acuícola
- Seguimento e ampliación do curral para a recuperación da poboación de tartaruga mariña e posterior promoción turística do curral
- Realización na radio de obradoiros de sensibilización sobre xénero e medioambiente, concursos de debuxo en escolas, xornadas de limpeza…
Directa: 1.026 persoas e 731 alumnos e alumnas de 7 centros escolares (socios/as de 9 iniciativas rurais de economía solidaria -8 cooperativas e un comité de mulleres comercializadoras adicadas á pesca artesanal e as súas familias-).
Indirecta: 4.162 persoas pertencentes ás 1.026 familias que habitan as 10 comunidades en que se traballa.
202.666,70€ (2010: 101.333,35€ - 2011: 101.333,35€)