MELLORA DAS CONDICIÓNS SOCIO SANITARIAS EN DOUS CANTÓNS E CINCO COMUNIDADES DO MUNICIPIO DE CHALCHUAPA (DPTO. DE SANTA ANA), NA REXIÓN OCCIDENTAL DO SALVADOR
O proxecto pretende contribuír á mellora das condicións de vida da poboación do municipio de Chalchuapa no Departamento de Santa Ana na Rexión Occidental do Salvador, atendendo á ampliación dos servizos básicos de saúde e de abastecemento de auga potable, que supoñan melloras na situación socio sanitaria da poboación beneficiaria.
Asociación Salvadoreña Promotora de la Salud (ASPS)
Contribuír a diminuír a morbilidade e a mortalidade materno infantil mediante fortalecemento da atención primaria en saúde e a ampliación dos servizos de abastecemento de auga en dous cantóns e cinco de Chalchuapa no Departamento de Santa Ana (Rexión Occidental do Salvador).
-Construción dun dispensario de saúde no caserío As Lomas (cantón O Coco) no municipio de Chalchuapa. Equipamento. Abastecemento periódico de medicamentos aos 2 dispensarios.
-Control de existencias de medicamentos de forma mensual entre as promotoras e promotores e o equipo técnico.
-Capacitar a 7 promotoras e promotores de saúde e 5 comités de saúde en administración de dispensarios e usos de ferramentas de control e uso racional de medicamentos.
-Realizar unha asemblea comunitaria en 2 cantóns para dar coñecer o proxecto, elección das promotoras e promotores das asesoras de nutrición a través de propostas das comunidades.
-Visitas e elaboración de rexistro por familia dos 2 cantóns con datos sobre saúde familiar e estado da contorna. (Liña Base).
-Realizar 3 xornadas de capacitación a 7 promotoras e promotores de saúde sobre embarazo, parto e puerperio.
-Realizar unha capacitación bimensual a 5 comités de saúde sobre embarazo parto e
puerperio.
-Realizar 10 controis prenatais a toda muller embarazada por parte das promotoras e promotores. Visitas domiciliares. Realizar 2 controis post parto a través de visita domiciliar.
-Realizar 2 xornadas de capacitación a 7 promotoras e promotores de saúde sobre tema de planificación familiar, ITS-VIH / SIDA e dereitos sexuais e reprodutivos. Brindar información e asesoramento sobre ITS VIH/SIDA e planificación familiar a grupos de mulleres en idade fértil. Proporcionar diferentes métodos de planificación familiar a parellas.
-Realizar visitas domiciliares a cada familia a fin de referir a toda muller en idade fértil para a súa vacinación e proba de citoloxía para detección do cancro cervico-uterino.
-Realizar 2 xornadas de capacitación a 7 promotoras e promotores sobre control, crecemento e desenvolvemento de menores de 5 anos. E 2 xornadas de capacitación sobre enfermidades prevalentes da infancia.
-Realizar campañas de vacinación en coordinación coa unidade de saúde de xeito
trimestral.
-Realizar brigadas médicas de forma mensual e rotativa en coordinación coa unidade de saúde, en 2 cantóns de Chalchuapa.
-Capacitar a 5 asesoras de nutrición a través de 5 xornadas sobre alimentación das menores de 5 anos e implementación da estratexia de atención nutricional modificada.
-Promover que 5 grupos de nais con fillas e fillos con algún grao de desnutrición se organicen para a elaboración de alimentos de forma periódica. E impartir 126 charlas dirixidas a estes 5 grupos sobre hixiene persoal, de alimentos e signos e síntomas de perigo de IRA e EDA, preparación de alimentos de alto valor nutricional.
-Realizar 9 sesións para toma de peso e talla de todo menor de 5 anos con algún grao de desnutrición.
-Realizar 5 xornadas demostrativas semanais de alimentos de alto valor nutricional dirixidas a nais e pais de nenas e nenos menores de 5 anos con algún grao de desnutrición en 2 cantóns. E campañas trimestrais de desparasitación dirixidas a menores de 5 anos en 2 cantóns.
-Dotación de Vitamina "A" e suplemento vitamínico de xeito trimestral a nenas e nenos con algún grao de desnutrición.
-Implementar e equipar cociñas comunitarias en 2 cantóns de Chalchuapa nas que grupos de nais preparan os alimentos.
-Referenciar ao Hospital a todo nena ou neno con desnutrición aguda severa.
-Construción e implementación dun sistema de abastecemento de auga potable para 5
comunidades de Chalchuapa.
-Organización Comité administrador do sistema de auga potable.
-Realización de 4 Xornadas de capacitación en saneamento ambiental.
-Realizar 33 campañas de saneamento de xeito bimensual en 2 cantóns de Chalchuapa
(Entrega de larvicida, destrución de criadeiros de zancudos)
Directa: 6.516 Persoas (1.086 familias) do municipio de Chalchuapa (Depto. de Santa Ana) na rexión occidental do Salvador.
Indirecta: 12.658 Persoas (2.109 familias) de nove caseríos contiguos (Los Ranchos, Los Barriales, Las Mercés, Los Urrutia, Hacienda El Coco, El Marrizal, Santa Cruz. El Jicarito e Tierra Blanca) do cantón La Magdalena e do cantón La Libertad.
Axuda: 174.919,00 €
174919