Mellora das condicións xerais de saúde e de acceso a auga potable das e dos 811 habitantes (382 mulleres e 429 homes) del Batey la Balsa, municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Marcoris, República Dominicana.
A presente actuación forma parte dun proxecto integral máis amplo de mellora das dotacións de auga potable e saneamento no municipio de Ramón Santana que ACPP e o Instituto de Acción Comunitaria (IDAC) veñen desenvolvendo dende 2011 en apoio á planificación estratéxica e á priorización de necesidades levadas a cabo polo Ayuntamiento de Ramón Santana a través do seu Plan Estratéxico Municipal (PEM).
Instituto de acción comunitaria (IDAC)
Obxectivo xeral: Mellorar as condicións de vida de 163 familias (811 persoas, 382 mulleres e 429 homes) da comunidade bateyana de la Balsa, municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macoría, República Dominicana.
Obxectivo específico: Mellora das condicións xerais de saúde e de acceso a auga potable das y dos 811 habitantes (382 mulleres e 429 homes9 del Batey La Balsa, municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, República Dominicana.
Resultado.1.1 Ao 10º mes de execución do proxecto, construirase e porase en funcionamento 1 sistema de abastecemento de auga comunitario en Batey La Balsa.
Actividades
A.1.1.1 Contratación dunha empresa especializada en acuedutos rurais.
A.1.1.2 Construción de infraestruturas de captación, bombeo e almacenamento: escavación de pozo, instalación sistema de bombeo e construción dun tanque de 30 m3 a 5m de altura en concreto armado, con clorador de auga.
A.1.1.3 Compra e instalación de 1.467 metros lineais de tubaxes en Ø3” PVC SDr-26 e 163 acometidas domiciliarias
A.1.1.4 Realización dun ciclo de capacitación e formación aos e ás 9 membros do Comité Comunitario de Acuedutos Rurais//ASOCAR
A.1.1.5 Organización e execución dunha campaña de visitas domiciliarias para sensibilizar sobre o bo uso e manexo do auga.
A.1.1.6 Un acto público de entrega e recepción do acueduto ás autoridades locais e organizacións comunitarias.
Resultado.1.2 Ao 12º mes de execución do proxecto mellorarse a atención básica de saúde da poboación do Batey La Balsa coa creación e capacitación dunha Rede Básica de Saúde e o equipamento dun Fogar Comunitario de Saúde (HCS), ao 12º mes de execución do proxecto.
Actividades
A.1.2.1 Realización de 1 Asemblea Xeral Comunitaria para a selección da Rede Comunitaria de Saúde.
A.1.2.2 Realización dunha reunión constitutiva da Rede Comunitaria de Saúde.
A.1.2.3 04 xornadas de traballo coa Rede Comunitaria de Saúde para elaborar o Reglamento Interno e o Plan Operativo.
A.1.2.4 Realización dun ciclo de capacitación de 24 horas dirixido á Rede Comunitaria de Saúde sobre Atención Primaria en Saúde, Saúde Sexual e Reprodutiva, Saúde e Saneamento Ambiental.
A.1.2.5 Instalación e equipamento de 1 Fogar Comunitario de Saúde con capacidade de atención básica e de referimento para 811 persoas (382 mulleres e 429 homes) na Comunidade de La Balsa.
Directa: A poboación beneficiaria directa do presente proxecto está formada pola totalidade da poboación do Batey La Balsa, os cales suman 811 persoas, das cales 382 son mulleres e 429 homes. Esta poboación, a súa vez, agrupase en 163 familias.
Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta estará formada polos habitantes do municipio de Ramón Santana, do que depende a comunidade de Batey La Balsa. Total: 8.901 persoas.
174.957,00 € (2015: 87.478,50 €; 2016: 87.478,50 €)