MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS E CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE, SANEAMENTO, ORGANIZATIVAS E HIXIÉNICO SANITARIAS DO SERVIZO DE PEDIATRÍA NO HOSPITAL HERNÁNDEZ VERA
Preténdese mellorar e acondicionar das instalacións do pavillón de Pediatría. En concreto:
- Mellorar as condicións de habitabilidade do Servizo de Pediatría.
- Mellorar a atención hospitalaria aos pacientes, derivando nunha atención confortable e acolledora, provocando unha pronta recuperación e a súa posterior alta hospitalaria, reducíndose o tempo de ingreso no hospital
- Ampliar a cobertura e atención sanitaria a un maior número de pacientes
- Evitar os traslados de pacientes a outros hospitais por falta de espazo e de camas no propio hospital, reducíndose os correspondentes costos económicos.
- Evitar a conxestión e o amoreamento de pacientes infantís nas salas de recuperación.
Período de execución: maio 2010 – decembro 2011
Instituto Secular Cruzada Evangélica (ISCE)
Fortalecida a asistencia sanitaria pediátrica na poboación do departamento de Santa Cruz
Rehabilitación e acondicionamento do 1º andar (1ª fase)
Rehabilitación e acondicionamento do 2º andar (2ª fase)
Avaliacións e seguimentos
Directa: poboación infantil da villa 1º de Mayo, do departamento de Santa Cruz e doutras comunidades próximas a Santa Cruz de la Sierra
Indirecta: Villa 1º de Mayo, a comunidade de Santa Cruz de la Sierra (1.594.926 habitantes), as comunidades próximas (preto de 100.000 habitantes máis) e o persoal sanitario (médicos/as, enfermeiros/as....)
115.427,00€ (2010: 48.679,00€ e 2011: 66.748,00€)