MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS EDUCATIVAS E SANITARIAS PARA UN SERVIZO DE CALIDADE
Mellorar as infraestruturas educativas e sanitarias para un servizo de calidade
CONGREGACIÓN DA MISIÓN (PAIS VICENTINOS) DE NACALA-PORTO
Realizar un servizo de calidade que facilite o protagonismo responsable da poboación mozambicana e forme persoas libres e comprometidas na loita contra a pobreza absoluta.
Ofrecer á poboación, nenas e nenos, mocidade e persoas adultas, o acceso á educación para poder mellorar as súas condicións de vida.
En Nacuxa- Mossuril (centro de saúde), ofrecer á poboación, nenas e nenos, mocidade e persoas adultas, o acceso a unha saúde de calidade para poder mellorar as súas condicións de vida
Obras de ampliación da escola
- Matricula do alumnado de secundaria
- Equipamento e uso da biblioteca e os laboratorios
- Uso dos novos espazos da secretaría
Directa: No 2008, ao redor de 600 alumnas e alumnos de primeira a oitava clase, progresivamente cada ano entraron no centro 200 alumnas e alumnos. 100 persoas diarias que acudan a consulta
Indirecta: Familia e veciñanza tanto do alumnado como do profesorado.
98000