MELLORA DAS INSTALACIÓNS DA “COOPERATIVA DE MULLERES TRANSFORMADORAS E VENDEDORAS DE PEIXE DE YOFF-THONGOR" NO MARCO DUN PROXECTO DE SOSTIBILIDADE PESQUEIRA PARA O DESENVOLVEMENTO
Mellora das instalacións da cooperativa de mulleres saladoras e secadores de Yoff, de cara a mellorar as súas condicións de traballo e as condicións hixiénicas do proceso.
GIE SEUTY NDIARÉ
Restaurados os parámetros básicos da estrutura económica e sociolaboral pesqueira no marco do protagonismo local e a sostenibilidade ambiental.
1. Traballos de construción, instalación e posta en marcha da cámara frigorífica nas instalacións da cooperativa.
2. Compra, transporte e traballos de instalación dos paneis solares.
3. Traballos de eliminación do alicatado actual e limpeza de superficies.
4. Traballos de alicatado das superficies útiles, paredes e chans da cooperativa.
Poboación beneficiaria directa: Membros da “Union Local de Pecheurs de Yoff" (asociación local de pescadores de Yoff), a cal engloba a todos os pescadores de Yoff, ás mulleres da “Seuty Ndiare G.I.E. des Femmes" (cooperativa de mulleres transformadoras e vendedoras de peixe) e ás mulleres vendedoras de peixe fresco.
22.415,20 Euros- Orzamento total do proxecto: 37.625,00 Euros