Mellora de ingresos e de calidade de vida de familias emprendedoras turísticas da RTA, a través do fortalecemento do turismo comunitario e a convivencia comunal e familiar nas comunidades de Yanacancha, Andamayo, Pacchanta e Cuyuni da Provincia de Quispicanchi, Cusco, Perú, en liña co ODS 8 e 16.
Entre os problemas estruturais persistentes cos que conviven as sociedades en desenvolvemento e fundamentalmente de zonas rurais andinas do Perú resaltan a desigualdade socioeconómica, os impactos socio ambientais e a degradación da democracia. O presente proxecto establece unha estratexia de desenvolvemento para a promoción do crecemento económico inclusivo e sostible, contribuíndo ao fortalecemento do exercicio do dereito ao traballo e fomentando a creación de emprego en diversas comunidades de Yanacancha, Andamayo, Pacchanta e Cuyuni da Provincia de Quispicanchi, que conforman a Ruta Turística Ausangate. Para alcanzar o obxectivo plantease a formación e capacitación laboral por medio do desenvolvo emprendementos de turismo comunitario. O proxecto permitirá, pois, o desenvolvemento, implementación e reafirmación de estratexias na promoción do desenvolvemento territorial de catro comunidades rurais andinas.
Asociación Jesús Obreiro – CCAIJO
Xeral: Contribuír ao fortalecemento do exercicio do dereito ao traballo e a convivencia harmoniosa entre as familias emprendedoras de turismo comunitario das comunidades de Yanacancha, Pacchanta, Andamayo e Cuyuni da provincia altoandina de Quispicanchi, Cusco, Perú, achegando á mellora da calidade de vida das familias, en liña co ODS 8 e ODS 16.
Específico: 139 emprendedores (94 mulleres e 45 homes) vinculados ao turismo melloran os seus ingresos económicos mediante o fortalecemento da oferta do Turismo Comunitario e a convivencia comunal e familiar.
RE 1.1 139 Emprendementos (94 liderados por mulleres e 45 liderados por homes) vinculados ao turismo das comunidades de Yanacancha, Andamayo, Cuyuni e Pacchantca, na Ruta Turística do Ausangate, melloran a calidade e oferta dos seus servizos e se ven fortalecidos.
A.1.1.1 Asesoría Construción reflexiva e participativa de estándares de calidade para o turismo comunitario.
A.1.1.2 Capacitación a 76 emprendementos, para mellora da calidade dos servizos de hospedaxe (46 emprendementos) e restaurante (30 emprendementos).
A.1.1.3 Capacitación en calidade da prestación do servizo de artesanía téxtil.
A.1.1.4 Capacitación en mellora da calidade da prestación de servizos de transporte.
A.1.1.5 Concursos para a promoción da innovación nos emprendementos de hospedaxe e restaurante.
A.1.1.6 Vixilancia e avaliación dos estándares de calidade aos emprendementos turísticos.
A.1.1.7 Campaña de sensibilización para a promoción da formalización dos emprendementos de Turismo Comunitario (TC), na comunidade de Pacchanta.
RE 1.2 Fortalecemento da articulación dos emprendementos de Turismo Comunitario, da Ruta Turística do Ausangate, a nivel comunal, distrital e provincial.
A.1.2.1 Implementación e fortalecemento de 01 espazo de concertación entre emprendedoras/é de turismo e integrantes das Xuntas comunais, para a xestión do Turismo Comunitario na súa comunidade.
A.1.2.2 Intercambio de experiencias con organizacións de Turismo Comunitario.
A.1.2.3 Formación de lideresas vinculadas ao turismo de 3 comunidades para a xestión e incidencia a nivel distrital e provincial.
A.1.2.4 Asesoría e acompañamento para a participación das Organizacións de Turismo Comunitario en espazos de concertación público privado a nivel Distrital e Provincial, con énfase na participación de mulleres.
A.1.2.5 Fortalecemento da Mesa Técnica de turismo da Ruta do Ausangate.
RE 1.3 Definida e implementada unha estratexia comercial da oferta de turismo rural comunitario de 4 comunidades.
A.1.3.1 Identificación e formación de promotores/as comerciais de produtos de Turismo comunitario nas comunidades da Ruta Turística do Ausangate.
A.1.3.2 Asesoría para a construción e implementación dun plan de márketing e comercialización de turismo comunitario nas 4 comunidades.
A.1.3.3 Elaboración de contido e dinamización de canles de comercialización da Ruta Turística do Ausangate con fins promocionais.
A.1.3.4 Participación en feiras, roldas de negocios e articulación con empresas turísticas.
RE 1.4 Fortalecemento do Bo Vivir (Allin Kawsay) a través da mellora da convivencia comunal, familiar e a soberanía alimentaria.
A.1.4.1 Campaña de sensibilización para unha convivencia comunitaria harmoniosa dirixida a familias das 04 comunidades.
A.1.4.2 Talleres para a promoción da convivencia saudable dentro do fogar e a xestión paritaria dos emprendementos.
A.1.4.3 Capacitación en nutrición e preparación de alimentos.
A.1.4.4 Implementación de 40 hortos familiares como medio de promoción da soberanía alimentaria comunal.
Directa: 699 (206 homes; 215 mulleres; 136 nenos; 142 nenas)
Indirecta: 820 (402 homes; 418 mulleres)
Axuda Xunta de Galicia: 235.000,00€ (94.000€ en 2023 e 141.000€ en 2024)