MELLORA DO ACCESO Á AUGA POTABLE EN BOLAMA
Mellorado o nivel de vida das poboacións de Bolama de Baixo e Ga'Muria, en termos de incidencia de enfermidades relacionadas co uso da auga.
Ministerio de Recursos Naturais de Guinea Bissau, a través da Dirección Xeral de Recursos Hídricos.
Mellorado o acceso á auga potable nas poboacións de Bolama de Baixo e Ga´Muria a través da construción de dous pozos equipados con bomba natural.
- Realización dos estudos hidroxeolóxicos previos á construción de pozos.
- Lanzamento do concurso para selección das empresas de construción de pozos.
- Construción de dous novos pozos equipados con bomba manual nas poboacións seleccionadas.
- Definición dos criterios de selección de persoal que compoñerá os comités locais de auga por medio da asistencia do técnico da Dirección Xeral de Recursos Hídricos.
- Creación dos Comités de Xestión de Auga.
- Capacitación de comités de auga no mantemento técnico e desinfección dos pozos e bombas.
- Establecemento de acordos cos líderes comunitarios.
- Deseñar e producir os materiais de sensibilización acorde coa realidade sociocultural do beneficiario.
- Organizar campañas de sensibilización de hixiene e uso ou manipulación correcta da auga potable.
Poboación beneficiaria directa: Os beneficiarios directos do proxecto son todos os habitantes de Bolama de Baixo e Ga´Muria. A poboación total flutúa entre 200 e 300 habitantes, dependendo da época do ano.
Poboación beneficiaria indirecta: As poboacións das comunidades próximas.
20449