Mellora do acceso equitativo de mulleres e mocidade a recursos económicos do Sur de Honduras. Fase 1, Proxecto de mellora de capacidades de organizacións e municipios.
O proxecto conforma a Primeira Fase do Programa de Intervención en Xénero entre Nasmar-Coddeffagolf- ISF para 2018-2023, que ten como área de aplicación os 7 municipios que conforman a mancomunidade NASMAR. As áreas de acción do mesmo son variadas, dende o empoderamento económico, ata a mellora de aspectos relativos á xustiza de xénero. Actualmente estase na concreción de accións do programa, e presentación de solicitudes de axuda a donantes, tendo previsto de momento presentar propostas para ser apoiados pola Xunta de Galicia e a AECID.
Este proxecto, que sería a primeira fase, céntrase na mellora do empoderamento económico de mulleres e mozas. Quérese igualmente establecer varias accións con vocación de futuro, como a adaptación de metodoloxías de traballo, o establecemento de lazos e redes para a incidencia, a xeración de espazos de coñecemento, e o establecemento dun grupo de apoio financeiro a proxectos..
Para mellorar a capacidade de incidencia de mulleres e mozas na toma de decisións sobre recursos económicos dentro da familia fortalecerase ás familias coa aplicación de diversas metodoloxías que se adaptarán ás condicións particulares das beneficiarias. Quedará definida unha metodoloxía, que se replicará e compartirá en reunións e outros espazos de intercambio de coñecementos e estará dispoñible para outras entidades que traballen en xénero, como as Oficinas Municipais da Muller.
Se fortalecerá aos gobernos locais sobre equidade de xénero e etaria, especialmente ás Oficinas Municipais da Muller en temas de xestión municipal de xénero, planificación, etc. Tamén se dotarán de equipamento de oficina. Se realizarán tamén accións de incidencia en espazos de concertación de tomadores de decisións, tanto sobre o financiamento a emprendementos económicos, buscando incluso a participación no fondo financeiro de máis entidades, como no relativo á mellora do control do cumprimento dos dereitos laborais de mulleres e persoas novas. Para isto último, equiparase á coparte CODDEFFAGOLF (Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de
Fonseca) con material para campañas.
Por último, crearase un espazo virtual de coñecemento compartido en materia de xénero, que será construído e socializado por diferentes entidades, e ten como obxecto poder compartir metodoloxías, materiais e ferramentas de traballo, etc, para poder optimizar esforzos e mellorar as replicabilidade de accións
Mancomunidad de los municipios del sur NASMAR y Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF)
Obxectivo xeral: Contribuir á redución da fenda de xénero i etaria en Honduras.
Obxectivo específico: Mellorar o acceso equitativo de mulleres e mozos a recursos económicos no Sur de Honduras.
Resultado 1.1: Melloradas as posibilidades de mulleres e mozas de acceso a fontes de financiamento para emprendementos económicos
- A.1.1.1: Capacitación a grupos de mulleres e novas para o desenvolvemento de emprendementos económicos..
- A.1.1.2: Creación dun grupo de apoio financeiro a emprendementos económicos que favorezan aqueles liderados e compostos na súa maioría por mulleres e novas.
- A.1.1.3: Accións de incidencia en espazos de concertación de tomadores de decisións, sobre o financiamento a emprendementos económicos de mulleres e novas.
Resultado 1.2: Mellorada a capacidade de incidencia de mulleres e mozas na toma de decisións sobre recursos económicos dentro da familia.
- A.1.2.1: Fortalecemento ás municipalidades sobre equidade de xénero e etaria, e xestión
- municipal de xénero.
- A.1.2.2: Sensibilización ás familias para sobre a equidade na toma de decisións sobre os recursos económicos familiares .
- A.1.2.3: Creación dun espazo de coñecemento sobre equidade de xénero e etaria.
Directa: Mulleres (65), Mulleres mozos (44), Homes mozos (27)
Indirecta: Homes (101.234), Mulleres (98.983)
Axuda Xunta de Galicia: 175.000,00 € (2018: 70.000,00 € ; 2019: 105.000,00 €)