MELLORA DO COÑECEMENTO DA CIDADANÍA GALEGA, DESDE A PERSPECTIVA DOS DEREITOS HUMANOS E DO CUMPRIMENTO DOS ODM, DA SITUACIÓN EN ORIENTE PRÓXIMO E DO TRABALLO REALIZADO POLA SOCIEDADE PALESTINO-ISRAELÍ
O proxecto forma parte dunha campaña marco “Camiños de paz: Outras voces de Israel" levada a cabo por ACPP noutras comunidades autónomas. Traballa desde a perspectiva dos dereitos humanos e do cumprimento dos ODM, da situación en Oriente Próximo e do traballo realizado por ACPP, Agareso e a sociedade civil palestino-israelí. As actuacións previstas diríxense a sensibilizar sobre as organizacións e os discursos alternativos existentes na sociedade israelí na defensa dos dereitos humanos e o cumprimento dos ODM, contribuíndo á súa difusión e visibilidade.
Durante un ano, realizaranse unha serie de actividades de sensibilización e de incidencia política co obxectivo de romper coa visión simplista e dualista dos “bos" e os “malos", para intentar achegar á opinión galega a complexidade dun conflito como o palestino israelí.
Período de execución: setembro 2010 – outubro 2011
Contribuír á participación activa da sociedade civil galega na consecución do obxectivos do desenvolvemento do milenio.
- Exposición mostra do traballo pola paz que se realiza desde a sociedade civil israelí.
- Xornadas coa participación de representantes de organizacións pacifistas israelís e palestinas.
- Ciclo de cine e debate coa proxección de películas e documentais sobre as condicións de vida dos pobos palestino e israelí tras a situación de conflito, a violación de dereitos humanos, o papel das organizacións pacifistas, da sociedade civil e da comunidade internacional.
- Agareso encargarase de deseñar un blog onde se reflictan o día a día da campaña e da produción dun documental que mostre o traballo que se está a realizar na defensa dos dereitos humanos en Palestina.
A sociedade galega en xeral, coa participación de diferentes perfís segundo a actividade.
44.408,60 € (2010: 17.763,44 € - 2011: 26.645,16 €)