Proxectos

Mellora do estado nutricional dos nenos e nenas das comunidades máis vulnerables de Malí

Este proxecto enmárcase no Programa País de UNICEF Malí 2020-2024, un programa que apoia o Marco Estratéxico para a Recuperación Económica e o Desenvolvemento Sostible do goberno de Malí, no contexto da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. Así mesmo, o proxecto tamén se integra no Plan de Acción para a Igualdade entre os Xéneros de UNICEF para 2018- 2021 en concordancia co Plan Estratéxico do UNICEF para 2018-2021. Doutra banda, introdúcese co Plan Nacional para a prevención e o control da enfermidade do COVID-19, así como o Plan de reposta ao COVID-19 de UNICEF Malí.

Este proxecto pretende afianzar e ampliar o foco de atención nos distritos máis vulnerables e afectados pola crise nutricional do sur de Malí. Por todo isto, é importante a promoción de intervencións específicas nutricionais que son aquelas que teñen impacto directo na prevención e o tratamento da desnutrición. Con este proxecto perséguese previr a desnutrición crónica, que sofren un 31% das nenas e nenos nas rexións de Kayes, Mopti e Sikasso, que son das zonas máis pobres e vulnerables do sur de Malí, a través da implantación de accións que entran dentro da Xanela dos 1.000 días.

Dentro destas atópanse: a) Promoción e apoio á lactación materna, b) Mellora da alimentación complementaria a partir dos 6 meses de idade, c) Mellora de prácticas de hixiene incluíndo o lavado de mans, d) Suplemento de Vitamina A, e) Suplemento con zinc terapéutico no manexo da diarrea, f) Provisión de micronutrientes en po, g) Desparasitación e vacinación de nenos e nenas, h) Suplemento de Ferro e Ácido Fólico para prevención e/ou tratamento da anemia en mulleres embarazadas, i) Prevención da deficiencia de Iodo, a través de sae iodada, e j) Fortificación con micronutrintes aos alimentos básicos.

Para iso promocionaranse prácticas adecuadas de alimentación e coidado de lactantes e nenos de pouca idade, ademais de fortalecer a coordinación nutricional multisectorial. Así mesmo, esta intervención inclúe o fortalecemento das capacidades das familias máis vulnerables para que estean máis preparadas para previr futuros casos de desnutrición crónica.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
MALI
Axentes: 
UNICEF
Contraparte: 

UNICEF Malí

Código CRS: 
12240 - Nutrición básica
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír á redución da mortalidade e a morbilidade infantil dos menores de cinco anos, a través da prevención e o tratamento da desnutrición crónica, nas rexións de Mopti, Sikasso e Kayes en Malí.

Obxectivo específico: Fortalecer o sistema de prevención, identificación e tratamento da desnutrición crónica en menores de 5 anos en Mopti, Sikasso e Kayes.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Mellorado o acceso ao tratamento dos nenos e nenas menores de 5 anos con desnutrición crónica nos centros de saúde comunitarios de  Mopti,  Sikasso e  Kayes.

A.1.1.1 Distribución de subministracións con  micronutrintes e medicamentos esenciais nos centros de saúde, para a xestión da desnutrición crónica.

RE. 1.2. Melloradas as intervencións comunitarias de gran impacto co fin de previr a desnutrición crónica na primeira infancia (“xanela de oportunidade dos mil días”, etapa entre o embarazo e os dous anos) e en mulleres embarazadas e lactantes das rexións de  Mopti,  Sikasso e  Kayes.

A 1.2.1 Capacitación e equipamento dos membros dos grupos de apoio nutricional sobre a alimentación e o coidado dos lactantes e nenos pequenos.

A 1.2.2 Capacitación dos axentes e traballadores de saúde, nais, líderes tradicionais e familias, para lograr unha alimentación adecuada de lactantes e nenos pequenos.

A 1.2.3 Proporcionar apoio técnico e financeiro para a prevención e o tratamento das deficiencias de  micronutrintes en menores de 5 anos.

A 1.2.4 Elaboración dunha enquisa  KAP 27.

RE 1.3. Fortalecida a coordinación multisectorial centrada na redución do atraso no crecemento.

A 1.3.1 Apoio técnico ás Plataformas multisectoriais, para a posta en marcha de plans contra a desnutrición crónica.

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria directa é un total de 76.664 persoas (39.665 mulleres e 36.999 homes), entre mulleres embarazadas, lactantes e coidadoras de menores e menores, principalmente.

Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta é un total de 420 persoas (210 mulleres e 210 homes).

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 50.000,00 €