Mellora do exercicio dos dereitos das mulleres co acceso á xustiza de xénero, a soberanía alimentaria e o empoderamento económico no Corpus e Namasigüe (Honduras)
O proxecto ten como obxectivo mellorar o acceso e exercicio dos dereitos das mulleres rurais coa participación social e política, o acceso á xustiza de xénero, a soberanía alimentaria, a nutrición saudable e o empoderamento económico nos municipios do Corpus e Namasigüe en Honduras.
Asociación de Mujeres Defensoras de la Vida (AMDV)
Xeral: Mellorar o exercicio dos dereitos das mulleres rurais coa participación social e política, o acceso á xustiza de xénero, a soberanía alimentaria, a nutrición saudable e o empoderamento económico nos municipios do Corpus e Namasigüe (Honduras).
Específico:
OE1: Contribuír á erradicación da pobreza.
OE2: Poñer fin a todas as formas de discriminación e eliminar todas as formas de violencia contra as mulleres e as nenas.
OE3: Empoderar ao persoal e colectivo das mulleres para o acceso á xustiza de xénero.
OE4: Promover unha alimentación e nutrición adecuadas.
OE5: Utilizar hábitos de produción e consumo responsables.
OE6: Desenvolver a economía local dunha maneira inclusiva.
RE 1.1 Mellorar as capacidades de instrumentos locais para a defensa dos dereitos da muller, a incidencia política e o control social e a prevención e atención á violencia de xénero involucrándose nas Redes de Mulleres, Oficinas Municipais da Muller, promotoras, conselleiras legais comunitarias, operadoras de xustiza e movementos feministas.
A.1.1.1 Fortalecer as capacidades organizativas, de incidencia política e de control social das Redes Municipais de Mulleres e as Oficinas Municipais da Muller do Corpus e Namasigüe para a implementación de políticas e orzamentos específicos de xénero.
A.1.1.2 Desenvolver unha escola de formación integral de conselleiras e promotoras legais comunitarias e operadoras/es de xustiza municipais e rexionais para a prevención da violencia contra as mulleres e as nenas, o acceso á xustiza de xénero e o acompañamento de defensoras e vítimas de violencia nos municipios do Corpus e Namasigüe.
A.1.1.3 Construír de maneira participativa unha estratexia de sensibilización sobre igualdade, equidade e xustiza de xénero dirixida ás institucións, actores locais e poboación campesiña do Corpus e Namasigüe.
RE. 1.2 Promover o Dereito Humano a unha Alimentación e Nutrición Adecuada (DHANA) para reducir os índices de desnutrición e fortalecer o sistema inmunolóxico de grupos vulnerables en 17 comunidades rurais do Corpus (11) e Namasigüe (6), con especial atención á poboación infantil e as mulleres.
A.1.2.1 Realizar diagnóstico participativo de 300 familias vulnerables e vixilancia da nutrición infantil e de mulleres embarazadas e lactantes en coordinación coas Direccións Municipais de Saúde do Corpus e Namasigüe.
A.1.2.2 Desenvolver 6 Escolas de Campo Agroecológicas utilizando principios do método de cultivo biointensivo para a formación de promotoras comunitarias (120) e a transferencia de coñecementos en 17
comunidades rurais 11 delas no Corpus e as outras 6 en Namasigüe.
A.1.2.3 Establecer 300 hortos familiares biointensivos manexados por mulleres rurais organizadas para a produción de alimentos nutritivos e plantas medicinais en 17 comunidades rurais 11 delas no Corpus e as outras 6 en Namasigüe.
A.1.2.4 Promover hábitos de consumo saudables e a adopción de boas prácticas de saúde e hixiene en coordinación cos Centros de Saúde Rural (CESAR) e Centros de Saúde con Médico (CESAMO) dos municipios do Corpus e Namasigüe.
RE.1.3 Facilitar o empoderamento económico de mulleres emprendedoras e grupos de mulleres rurais organizadas para a xeración de ingresos e autoemprego coa posta en valor da produción agroecolóxica e o acceso a mercados locais e créditos solidarios.
A.1.3.1 Fortalecer capacidades para a planificación e xestión empresarial de grupos de mulleres rurais e mulleres emprendedoras con iniciativas económicas locais, sustentables e culturalmente aceptables no Corpus e Namasigüe.
A.1.3.2 Impulsar iniciativas (individuais e colectivas) de negocios innovadores e autoxestionadas por mulleres rurais integradas nas Redes Municipais de Mulleres de Corpus e Namasigüe.
A.1.3.3 Facilitar a comercialización diferenciada e o financiamento de iniciativas de negocios dos grupos de mulleres rurais e mulleres emprendedoras para a posta en valor da produción agroecolóxica e artesanal do Corpus e Namasigüe.
A poboación beneficiaria titular de dereito ascende a 869 persoas, sendo un total de 442 mulleres, 189 nenos, 197 nenas e 41 homes, mentres que os beneficiarios indirectos ascenden a 42.859 persoas, das cales 16.675 son mulleres, 1.911 homes, 11.840 nenas e 12.433 nenos. A tipoloxía dos titulares de dereito, neste caso as mulleres son oficinas da muller e distintos órganos de toma de decisións dentro do espazo das mulleres. Os nenos e nenas son menores de 5 anos pertencentes a familias lideradas por mulleres e no caso dos homes son titulares de obrigacións e responsabilidades, é dicir, homes pertencentes a órganos de decisión.
Axuda Xunta de Galicia: 175.000 € (2021: 70.000 € ; 2022: 105.000 €)