Proxectos

Mellora do sistema de abastecemento da agua para consumo humano nunha poboación de Guinea Bissau

O presente proxecto oriéntase a mellorar o sistema de abastecemento e da calidade da auga do barrio de Ponte Nova na cidade de Bafatá; unha zona cun sistema de subministración de auga que non consegue dar a cobertura total ao barrio, o que obriga á poboación a consumir auga das fontes superficiais. As súas estratexias principais serán a implantación de medidas correctoras e  dun programa para educar á poboación en prácticas seguras e respectuosas coa auga para consumo humano. Ademais dun programa de actuacións necesarias para mitigar os riscos que ameazan a calidade e o abastecemento da auga, tamén se desenvolverá un programa de monitoreo e verificación das medidas de control, con actuacións relativas á mellora de acceso á auga de abastecemento humano e á educación da poboación tanto para incrementar a calidade da auga como a xestión e o mantemento dos sistemas de mellora implantados; e faranse análises de parámetros físico-químicos, microbiolóxicos e sensoriais da auga, antes e despois de aplicar as medidas de mellora, para comprobar a súa efectividade e coñecer o estado de salubridade da auga. Para implantar todas estas accións no barrio contarase coa colaboración da asociación ASPAAB da cidade de Bafatá, baixo a supervisión e o asesoramento dun equipo de 4 profesores da Universidade de Vigo e 3 técnicos contratados que traballarán en Guinea Bissau.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
África
País: 
GUINEA-BISSAU
Zona de actuación: 
Bafata (rexión)
Axentes: 
UNIVERSIDADE DE VIGO
Contraparte: 

ASPAAB (Asociación de Saneamento Básico para a Protección da Agua e o Ambiente de Bafatá)

Código CRS: 
14030 - Abastecemento de auga potable e saneamento básico - sistemas menores
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír de maneira eficaz a establecer as condicións necesarias para mellorar a saúde na poboación de Bafatá en Guinea Bissau.

Específico 1: Mellora do sistema de abastecemento de auga para consumo humano de 3.398 habitantes (1.903 mulleres e 1.495 homes) do barrio de Ponte Nova da poboación de Bafatá en Guinea Bissau

Específico 2: Reforzo nas prácticas correctas en hixiene e saneamento de 3.398 habitantes (1.903 mulleres e 1.495 homes) do barrio de Ponte Nova da poboación de Bafatá en Guinea Bissau

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Ao 16º mes de execución do proxecto reforzouse a capacidade técnica e material do equipo xestor do sistema de abastecemento de auga para consumo humano do barrio (Asociación ASPAAB)

            A.1.1.1 Diagnosticar a capacidade técnica e material para garantir a seguridade da auga de acordo con a recomendación da OMS

            A.1.1.2. Realización de sesións formativas.

            A.1.1.3. Elaboración dun programa de monitoreo e control da calidade e salubridade da auga para consumo humano.

            A.1.1.4. Elaboración dun programa de mantemento e limpeza (pozo, depósito e fontes).

 

RE 1.2 Ao 12º mes de execución do proxecto realizáronse analíticas completas sobre os parámetros físico-químicos, microbiolóxicos e sensoriais no pozo, depósito e nas fontes de abastecemento de auga para consumo humano do barrio de Ponte Nova

            A.1.2.1 Elaboración dun protocolo de análise de salubridade da auga para consumo humano.

            A1.2.2. Realización de campañas de analíticas da calidade e salubridade da auga para consumo humano.

 

RE 1.3 Ao 16º mes de execución do proxecto mellorouse o saneamento e hixiene do pozo e das fontes de abastecemento

            A.1.3.1 . Limpeza e saneo da contorna dos puntos de auga.

            A.1.3.2.  Instalación de proteccións de seguridade perimetrais

 

RE 1.4 Ao 16º mes de execución do terase aumentado o nivel de coñecemento e información en materia de auga, saneamento e hixiene da poboación de Ponte Nova

            A.1.4.1 Selección e capacitación de dinamizadores/as en materia de auga, saneamento e hixiene e técnicas de sensibilización, información e divulgación comunitaria.

            A.1.4.2. Elaboración dun plan de Campaña de sensibilización en auga, saneamento e hixiene.

            A.1.4.3. Elaboración e emisión de programas radiofónicos (spot debate mensual).

            A.1.4.4. Deseño e edición dos carteis de sensibilización e adquisición dos kits de sensibilización.

            A.1.4.5. Implantación de campañas de sensibilización.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 3.398 persoas (1.495 homes, 1.903 mulleres, 297 nenos e 296 nenas) 

Indirecta: 33.598 persoas (13.677 homes, 14.390 mulleres, 2.740 nenos e 2.801 nenas) 

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

71.833,52 € (28.733,41 € en 2022 e 43.100,11 € en 2023)