MELLORA DOS ESTÁNDARES DE SEGURIDADE ALIMENTARIA DE 280 BENEFICIARIOS NOS ARREDORES DA CIDADE DE GAZA
O proxecto para o que Asemblea de Cooperación pola Paz solicita a colaboración por parte da FAHG xorde despois de que a ofensiva militar israelí Plomo Fundido en decembro de 2008, supuxera a destrución de boa parte do sector agrícola gazatí, tal e como consta un estudo realizado en febreiro do presente entre a OCHA e diferentes ONG, entre elas ACPP e deixou o 88% da poboación en graves dificultades de acceso a alimentos básicos. Asemblea de Cooperación Pola Paz, ten una longa traxectoria de traballo no campo da seguridade alimentaria e proba diso son os 15 proxectos de urxencia relacionados co tema da seguridade alimentaria na Franxa de Gaza executados nos últimos tres anos.
Palestinian Hidrology Group -PHG
OX: mellora das condicións de vida dos habitantes afectados pola operación militar israelí Plomo Fundido nos arredores da cidade de Gaza, Franxa de Gaza.
OE: mellora dos estándares de seguridade alimentaria de 280 beneficiarios (136 mulleres e 144 homes) nos arredores da cidade de Gaza, Franxa de Gaza.
50000