Proxectos

Mellora dos mecanismos locais e nacionais dirixidos á atención integral e promoción dos DDHH e dereitos das mulleres, nos municipios de San Cristóbal e Haina, provincia de San Cristóbal, República Dominicana

O proxecto pretende mellorar tanto os mecanismos locais como nacionais dirixidos á atención integral e promoción dos DDHH e dereitos das mulleres. Centrouse na provincia de San Cristóbal e concretamente en 12 barrios dos municipios de San Cristóbal e Bajos de Haina. Articúlase ao redor de distintos eixos relacionados que van desde o nivel comunitario ata o nivel nacional. Deste xeito búscase: Fortalecer as capacidades comunitarias para a defensa e protección integral dos dereitos humanos e os dereitos das mulleres e para o seguimento e cumprimento das políticas municipais e nacionais en materia de xénero; mellorar os mecanismos de concienciación sobre os patróns culturais que xeran desigualdade e violencia contra as mulleres na educación pública; mellorar a resposta dos servizos públicos vinculados á atención, prevención e sanción da violencia contra as mulleres, nenas e colectivos vulnerables e aumentar o coñecemento e o compromiso social para reducir a impunidade ante a violación de DDHH e dereitos das mulleres.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
San Cristóbal (Provincia)
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Contraparte: 

Instituto de Acción Comunitaria, Inc. IDAC

Código CRS: 
13020 - Atención saúde reprodutiva
13030 - Planificación familiar
15150 - A participación democrática e a sociedade civil
1516000 - Dereitos humanos
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
Obxectivos: 

Xeneral: Garantir o dereito a unha vida libre de violencias para as mulleres e nenas da provincia de San Cristóbal, República Dominicana.

Específico: Mellora dos mecanismos locais e nacionais dirixidos á atención integral e promoción dos DDHH e dereitos das mulleres, nos municipios de San Cristóbal e Haina, provincia de San Cristóbal, República Dominicana.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. : Implementado un plan de seguimento, avaliación e xestión do coñecemento do proxecto, mes 12.

  • A.1.1.1 Conformación do equipo técnico do proxecto e elaboración dun Plan de xestión para a coordinación, o seguimento e avaliación das actividades do proxecto.
  • A 1.1.2 Reunión informativa nos barrios da zona de intervención.
  • A 1.1.3 Implementación do Plan de xestión do proxecto.
  • A 1.1.4 Plan de coñecemento interno e externo do proxecto: estratexia de comunicación interna e deseño e difusión dos materiais de visibilidade.

RE 1.2 Fortalecidas as capacidades comunitarias para a defensa e protección integral dos DDHH e os dereitos das mulleres e para o control do cumprimento e aplicación das políticas municipais e nacionais en materia de xénero en 12 barrios dos municipios de Haina e San Cristóbal, mes 12.

  • A 1.2.1: Selección e formación da Rede de Defensoría e Activismo xuvenil.
  • A 1.2.2: Apoio e acompañamento á Rede de Defensoría e Activismo xuvenil.
  • A 1.2.3: Capacitación sobre Relacións de Xénero e Nova masculinidad.
  • A 1.2.4: Campaña de sensibilización comunitaria "Relacións de Xénero e nova masculinidad".
  • A 1.2.5: Ciclo de capacitación e sensibilización con mulleres "Habilidades para a Vida".
  • A 1.2.6: Selección de participantes e Ciclo de capacitación sobre "Veeduría Social".
  • A 1.2.7 Plan de incidencia política e contraloría social con enfoque de xénero.

RE 1.3 Mellorados os mecanismos de concienciación sobre os patróns culturais que xeran desigualdade e violencia contra as mulleres nos distritos educativos de San Cristóbal e Haina, mes 12.

  • A 1.3.1: Diplomado Xénero e Educación: formación docente e Transversalidade de xénero no quefacer educativo.
  • A 1.3.2: Plan piloto para a sensibilización de pais, nais e titores/as.
  • A 1.3.3: Programa formativo integral estudantil.
  • A 1.3.4: Ciclo de charlas de pares "Igual de xénero e prevención de VBG".
  • A 1.3.5: Taller elaboración de Proxectos de Vida.
  • A 1.3.6: Creados e capacitados Clubs de Nenas e Clubs STEM.

RE 1.4 Mellorada a resposta dos servizos públicos vinculados á atención, prevención e sanción da violencia contra as mulleres e nenas nos municipios de Haina e San Cristóbal, mes 12.

  • A 1.4.1: Ciclo de capacitación e reciclaxe da REDAVI de San Cristobal.
  • A 1.4.2: Dotación de equipamentos de atención e coidados na Unidade de Atención a Vítimas de San Cristobal.
  • A 1.4.3: Selección de participantes e Ciclo de atención psicosocial e resiliencia para mulleres sobrevivientes de VBG e embarazo adolescente.
  • A 1.4.4: Taller sobre vídeo participativo e xénero para 15 mulleres do Ciclo de Atención Psicosocial e resilencia para mulleres sobrevivientes de VBG e embarazos adolescentes.

RE 1.5 Aumentado o coñecemento e o compromiso social para reducir a impunidade ante a violación de DDHH e dereitos das mulleres, mes 12

  • A 1.5.1: Elaboración e difusión dun Diagnóstico sobre tolerancia social e a naturalización de todas as formas de violencia contra as mulleres no municipio de San Cristóbal.
  • A 1.5.2: Mapa-diagnóstico dos espazos públicos non seguros para as mulleres en San Cristóbal: estudo e difusión de resultados.

RE 1.6 Fortalecidas as capacidades comunicativas para loitar contra a desigualdade de xénero das mulleres sobreviventes de VBG e os colectivos feministas dominicanos, mes 12.

  • A 1.6.1: Formación de 15 mulleres no uso da radio como ferramenta para loita pola igualdade de xénero.
  • A 1.6.2: Elaboración e difusión de cuñas radiais sobre xénero e dereitos humanos entre a poboación beneficiase do proxecto.
  • A 1.6.3: Campaña de comunicación participativa deseñada polos Clubs de Nenas de 4 centros educativos.
  • A 1.6.4: Preprodución de documental sobre dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres dominicanas.
  • A 1.6.5: Gravación e edición do documental sobre dereitos sexuais e reprodutivos.
  • A 1.6.6: Deseño dunha estratexia de difusión do documental multiactor.
  • A 1.6.7: Formación en vocería e incidencia para integrantes do Foro Feminista Dominicano
  • A 1.6.8: Deseño da plataforma web do Foro Feminista Dominicano.
Poboación beneficiaria: 

1.830 persoas participan de forma directa no proxecto: 217 homes, 393 mulleres, 540 nenos e 680 nenas.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 225.000 € (2020: 90.000 €; 2021: 135.000 €)