Mellora dos mecanismos locais e nacionais dirixidos á atención integral e promoción dos DDHH e dereitos das mulleres, nos municipios de San Cristóbal e Haina, Provincia de San Cristóbal, República Dominicana. Fase II
Este proxecto é a segunda fase da estratexia orientada a garantir o dereito a unha vida libre de violencias para as mulleres e as nenas na provincia de San Cristóbal en 12 barrios dos municipios de San Cristóbal e Bajos de Haina, que ACPP/IDAC/AGARESO iniciaron co financiamento da Xunta de Galicia na convocatoria de 2020. A fase I serviu para avaliar os procesos iniciados, facer unha análise de pertinencia, analizar os impactos xerados pola COVID 19 e compartir escenarios a medio prazo. Dende aí proponse a seguinte acción que engloba cinco eixos de intervención en torno aos seguintes eixos:
1. Fortalecer as capacidades comunitarias para a prevención e protección ante a violencia baseada en xénero (VBG).
2. Mellorar a resposta comunitaria dos servizos vinculados á atención, prevención e sanción da violencia contra mulleres, nenas e colectivos vulnerables.
3. Aumentar o coñecemento e compromiso social para reducir a impunidade ante a VBG e a vulneración de dereitos das mulleres dende un enfoque interseccional.
4. Desenvolver mecanismos de concienciación e prevención contra as violencias para as novas xeracións, a través da promoción de comunidades educativas ‘’exemplares’’ do distrito 04-02 de San Cristóbal Norte.
5. Promover a difusión e acceso á información relevante para a axenda dos dereitos das mulleres, en especial a saúde sexual e reprodutiva.
IDAC (Instituto de Acción Comunitaria, Inc.)
Xeral: Garantir o dereito a unha vida libre de violencias para as mulleres e nenas da Provincia de San Cristóbal, República Dominicana.
Específico: Mellora dos mecanismos comunitarios, locais e provinciais de atención integral e promoción dos dereitos humanos das mulleres e nenas, nos municipios de San Cristóbal e Haina, Provincia de San Cristóbal, República Dominicana. Fase II.
R.1. Implementado un plan de seguimento, avaliación e xestión do coñecemento do proxecto, mes 12.
A.1.1. Conformación e `posta en marcha dos comités de dirección e seguimento do proxecto
A.1.2. Elaboración dunha línea de base
A.1.3. Asambleas Comunitarias de lanzamento do proxecto e sinatura de acordos con Titulares de Obrigas
A.1.4. Instalación e distribución dos materiais de visibilidade do proxecto
A.1.5. Curso de formación sobre Aplicación do Enfoque de Xénero e DDHH na Prevención da Violencia de Xénero
R.2. Fortalecidas as capacidades comunitarias para a prevención e protección ante a violencia en base ao xénero (VBX), mes 12.
A.2.1. Fortalecemento das capacidades e habilidades das integrantes da Rede de Defensoras Contra a VBX
A.2.2. Creación e formación dunha Rede de Masculinidade Responsable
A.2.3. Accións lúdico-culturais para a promoción dunha vida libre de violencia de xénero
A.2.4. Creación de grupos de apoio e diálogo sobre prevención de violencia
A.2.5. Intercambio de experiencias entre as redes de San Cristóbal, Haina e San Pedro de Macorís
R.3. Mellorada a resposta comunitaria dos servizos vinculados á atención, prevención e sanción da violencia contra as mulleres, nenas e colectivos vulnerables, mes 12.
A.3.1. Conformación dunha rede de apoio para a atención especializada á VBG
A.3.2. Apoio e acompañamento a mulleres vítimas de VBX
A.3.3. Realización dun mapa de espazos públicos non seguros para as mulleres de Bajos de Haina
R.4. Aumentado o coñecemento e o compromiso social e político para reducir a impunidade ante a VBX e a vulneración de dereitos das mulleres, dende un enfoque interseccional, mes 12.
A.4.1. Posta en marcha do Observatorio Provincial de DDHH e contra a VBX
A.4.2. Campaña de sensibilización social sobre as violencias que padecen as mulleres
A.4.3. Xornadas “Vivir sen Violencia é Posible”
A.4.4. Seminarios Municipais sobre a prevención da VBX, unións temperás e abuso sexual
R.5. Desenvolvidos mecanismos de concienciación e prevención contra as violencias para as novas xeracións, a través da promoción de comunidades educativas “exemplares” do distrito 04- 02 de San Cristóbal Norte, mes 12. Alineada co R.1 da Estratexia de Xénero RD.
A.5.1. Formación e implementación da “Guía de Educación Psicoemocional para as Familias”
A.5.2. Formación de cinco clubes STEM
A.5.3. Formación escolar sobre prevención da discriminación en base ao xénero
A.5.4. Plan de sensibilización para pais, nais e tutores de alumnado
R.6. Fortalecidas as capacidades comunicativas para a incidencia social política dos colectivos de mulleres e feministas no traballo contra as VBX, mes 12.
A.6.1. Formación en radio online e podcasting para mulleres
A.6.2. Formación de grupos focais para a utilización de Garantía de Vida
A.6.3. Producción de audiovisuais sobre as Tres Causales
A.6.4. Encontros de vítimas das Tres Causales
Directa: 7.636 persoas (2.418 homes, 4.293 mulleres, 390 nenos e 535 nenas)
Indirecta: 138.059 persoas (33.518 homes, 34.897 mulleres, 31.008 nenos e 38.636 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
225.000 € (90.000 € en 2022 e 135.000 € en 2023)