Proxectos

MELLORA E PROMOCIÓN DA EDUCACIÓN PRIMARIA PARA NENOS, NENAS E MOZOS/AS EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE NA LOCALIDADE DE CHOKWE, PROVINCIA DE GAZA, MOZAMBIQUE -2ª FASE

O presente proxecto é unha continuación do proxecto "Mellora e promoción da educación primaria para nenos, nenas e mozos en situación de vulnerabilidade na localidade de Chokwe, provincia de Gaza, Mozambique". Esta intervención ten como finalidade conseguir unha mellora cuantitativa e cualitativa do ensino nos cursos de 7º e 8º, que actualmente se están a impartir na Escola San Vicente de Chokwe.
Período de execución: xuño 2010 – maio 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Gaza (provincia)
Chokwe (distrito)
Axentes: 
MADRESELVA (FUNDACIÓN)
Contraparte: 

Filhas da Caridade de São Vicente de Paulo

Código CRS: 
11220 - Educación primaria
Obxectivos: 

Reducir a pobreza dos habitantes da localidade de Chokwe, provincia de Gaza, mellorando a súa educación

Resultados e actividades: 

- Obras de preliminares e labores de construción
- Selección e compra do equipamento necesario para as novas aulas
- Contratación do persoal empregado na escola
- Planificación das tarefas dos novos profesores/as
- Posta en marcha dos cursos nas aulas rehabilitadas

Poboación beneficiaria: 

Directa: 615 nenos e nenas localizados no barrio 5º de Chokwe, son alumnos/as das Escola san Vicente de Chokwe nos cursos de 7º e 8º.
Indirecta: tendo en conta que en Mozambique o núcleo familiar está composto por 6 membros, o número ascenderá a 3.690 beneficiarios indirectos.

Axudas: 

163.991,52€ (2010:81.995,76€ - 2011: 81.995,76€)