Proxectos

Mellora no acceso aos dereitos económicos, sociais, culturais e ambientais de mulleres rurais para un desenvolvemento inclusivo e sostible no Corpus e Namasigüe (Honduras)

O proxecto, que dá continuidade ao traballo conxunto de ambas as entidades, pretende contribuír a poñer fin a todas as formas de discriminación e eliminar todas as formas de violencia contra as mulleres co acceso ao dereito humano a unha alimentación e nutrición adecuada e a recursos económicos en El Corpus e Namasigüe, departamento de Choluteca, en Honduras. Este país sitúase no lugar 100 de 162 países no índice de desigualdade de xénero. Ademais, é o país de Centroamérica con maior vulnerabilidade ambiental e ao cambio climático; un 66,7% de fogares viven en pobreza; un 22,7% das persoas menores de cinco anos padecen desnutrición crónica e a inseguridade cidadá continúa sendo un grave problema.

Neste contexto, o proxecto planea fortalecer capacidades de mulleres para a participación na toma de decisións, a prevención e a atención da violencia de xénero; promover a soberanía alimentaria e a restauración ambiental; e fomentar a comercialización alternativa e diferenciada de produción agroecolóxica local por parte de mulleres

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no Exterior - Liña feminista
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HONDURAS
Zona de actuación: 
El Corpus (municipio)
Namasigue (municipio)
Axentes: 
AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE
Contraparte: 

Asociación de Mujeres Defensoras de la Vida (AMDV)

 

Código CRS: 
1516000 - Dereitos humanos
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a poñer fin a todas as formas de discriminación e eliminar todas as formas de violencia contra as mulleres (ODS 5) co acceso ao dereito humano a unha alimentación e nutrición adecuada (ODS 2) e a recursos económicos (ODS 8) en El Corpus e Namasigüe, departamento de Choluteca, Honduras.

Específico: Mellorar o acceso aos dereitos económicos, sociais, culturais e ambientais de mulleres rurais para un desenvolvemento inclusivo e sostible en El Corpus e Namasigüe (Honduras).

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Fortalecidas as capacidades das mulleres organizadas para a participación plena e efectiva na toma de decisións, a prevención e atención da violencia de xénero e a exixibilidade dos dereitos das mulleres de El Corpus e Namasigüe ante as autoridades e as instancias operadoras de xustiza.

A.1.1.1 Reforzar a institucionalidade, a participación social e a incidencia política das mulleres para a implementación das axendas das mulleres, políticas e orzamentos etiquetaxes de xénero en El Corpus e Namasigüe.

A.1.1.2 Desenvolver un plan integral de acompañamento a Delegadas e Promotoras Legais para a correcta aplicación da Lei contra a Violencia Doméstica e os protocolos para a atención a mulleres sobrevivientes de violencia no Corpus e Namasigüe.

A.1.1.3 Implementar unha campaña de incidencia e comunicación social coas redes de mulleres e novas para a exixibilidade dos dereitos das mulleres ante as autoridades e as instancias operadoras de xustiza departamentais e municipais.

RE 1.2 Promovida a soberanía alimentaria e a restauración ambiental con prácticas de produción e consumo responsables, perspectiva de xénero e inclusión social en 16 comunidades rurais do Corpus e Namasigüe.

A.1.2.1 Fomentar hábitos de consumo saudables e monitorear a nutrición infantil (0 a 5 anos) en 400 familias vulnerables, priorizando a atención a nenas/os diagnosticadas con desnutrición e mulleres embarazadas e lactantes en coordinación coa Dirección Municipal de Saúde de El Corpus e Namasigüe.

A.1.2.2 Implementar un programa de formación sobre restauración participativa de ecosistemas e produción sostible de alimentos nutritivos e plantas medicinais en 4 Escolas de Campo Agroecolóxicas comunitarias de El Corpus e Namasigüe.

A.1.2.3 Establecer alternativas comunitarias para a restauración participativa de ecosistemas e a produción sostible de alimentos nutritivos e plantas medicinais en 4 parcelas agroecolóxicas demostrativas e 160 hortos familiares biointensivos manexados por mulleres.

RE 1.3 Empoderadas mulleres rurais emprendedoras para a comercialización alternativa e diferenciada da produción agroecolóxica local e outros produtos propios da súa identidade cultural en mercados locais e plataformas virtuais.

A.1.3.1 Desenvolver capacidades organizativas, financeiras e operativas para o establecemento e a sustentabilidade de microemprendimientos autoxestionados por emprendedoras do Corpus e Namasigüe.

A.1.3.2 Xerar novas oportunidades para a comercialización alternativa e diferenciada da produción agroecológica local e outros produtos propios da identidade cultural para emprendedoras do Corpus e Namasigüe.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 1.475 (1.092mulleres/nenas, 383 homes/nenos)

Indirecta: 51.251 (32.617 mulleres/nenas, 18.634 homes/nenos)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

 185.000,00 € (64.750,00 € en 2025 e 120.250,00 € en 2026)