Mellorada a resiliencia da poboación gazatí ante riscos de saúde ortopédica
A franxa de Gaza está sometida a bloqueo israelí, o que dificulta a entrada de produtos básicos, incluído o material sanitario, o acceso a formación continua especializada por parte do persoal sanitario e o acceso a servizos de saúde terciaria por parte dos/as pacientes. Este proxecto de Acción Humanitaria levado a cabo por Médicos do Mundo está enfocado a protexer o dereito á saúde da poboación infantoxuvenil da Franxa de Gaza que está sometida aos efectos da ocupación, o bloqueo e o exercicio da forza armada israelí e que presenta problemas ortopédicos e traumatolóxicos graves ou severos, que limitan a súa autosuficiencia. A proposta por tanto busca garantir o acceso e o tratamento médico e cirúrxico especializado á poboación infantoxuvenil con condicións traumatolóxicas e ortopédicas limitantes.
Para iso, difúndense os obxectivos do proxecto entre as organizacións que traballen con persoas con discapacidade e trabállase xunto co Departamento de traumatoloxía ortopédica do Ministerio de Saúde na revisión dos casos atrasados ou en lista de espera. Á súa vez, realízase un screening do colectivo meta que permite seleccionar os casos con necesidades máis urxentes para ofrecerlles a asistencia médica e cirúrxica que requiren, dando seguimento á súa evolución dentro dos termos que contempla este proxecto.
Ministerio de Saúde (MdS)
Obxectivo xeral: Mellora do dereito de acceso á saúde de poboación infantoxuvenil vulnerable na franxa de Gaza.
Obxectivo específico: Mellorada a resiliencia da poboación gazatí ante riscos de saúde ortopédica.
RE1. Aumentado o acceso a servizos clínicos e hospitalarios a través da mellora no acceso aos servizos médicos e de cirurxía especializada.
A.1.1. Revisión e actualización dos casos urxentes das listas de espera en ortopedia e traumatoloxía infantil.
A.1.2. Deseño e posta en marcha dun screening para identificar pacientes con discapacidades funcionais non atendidas.
A.1.3. Conformación dunha comisión médica especializada en ortopedia e traumatoloxía entre MdM e o MdS.
A.1.4. Posta en marcha de intervencións cirúrxicas especializadas en coordinación cos hospitais de referencia.
RE2. Fortalecidas as capacidades de atención, asistencia e xestión integral dos casos de ortopedia/traumatoloxía.
A.2.1. Formación práctica e asistencia técnica ao persoal hospitalario sobre casos patoloxías e tratamentos especializados en cirurxía ortopédica infantil. Estudo de casos, e establecemento e seguimento de plans de manexo de casos.
A.2.2. Valoración de necesidades, compra e entrega de material funxible, cirúrxico e ortopédico- traumatolóxico.
A.2.3. Accións de sensibilización sobre a situación de vulneración de dereitos humanos, dereito de acceso á saúde, dereito internacional humanitario e dereito ao refuxio.
Esta proposta contemplou desde a súa identificación á poboación infantoxuvenil, considerando a este sector da poboación como colectivo meta de beneficiarios directos de toda a intervención, dada as condicións de vulnerabilidade e en ocasións de esquecemento á que ven sometidos por parte dos servizos de atención médica especializada. A identificación traballouse directamente cos equipos médicos e sanitarios do Departamento.
Directa: 27 persoas, das cales 12 son mulleres, 5 homes, 8 nenos e 2 nenas.
Indirecta: A poboación suxeito que configura a colectivo meta indirecto da intervención componse de 75 persoas, especificamente 50 mulleres e 25 homes.
Axuda Xunta de Galicia: 69.975 € (2019)