Proxectos

Mellorada a saúde e hixiene de 3 comunidades aymaras rurais do municipio de Calamarca, a través do acceso á auga potable desde o enfoque de xénero en desenvolvemento. Bolivia

Búscase a mellora do dereito á saúde da poboación de 3 das comunidades da subcentral agraria Chocorosi, diminuíndo a incidencia das enfermidades por medio da implementación dun sistema de auga potable, mellorar o centro de saúde ambulatorio de Chocorosi adaptándoo á pandemia do Covid-19 e salientar no cambio institucional para a equidade na distribución da carga doméstica nas comunidades para a igualdade das mulleres.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
BOLIVIA
Zona de actuación: 
Calamarca (municipio)
Axentes: 
FUNDACIÓN FABRE
Contraparte: 

ASOCIACIÓN CIVIL AYNI

Código CRS: 
12230 - Infraestrutura sanitaria básica
12261 - Educación sanitaria
14020 - Abastecemento e saneamento de auga - sistemas de envergadura
14081 - Educación e formación en abastecemento de auga e saneamento
15170 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a mellorar sosteniblemente a calidade de vida de 980 persoas de 3 comunidades do altiplano de La Paz, con dignidade e protagonismo das organizacións que as representan.

Específico: Mellorada a saúde e hixiene de 3 comunidades aimaras rurais do municipio de Calamarca, a través do acceso á auga potable desde o enfoque de xénero en desenvolvemento.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Mellorado o acceso á auga potable para os titulares de dereito á auga nas 3 comunidades da subcentral Chocorosi.

            A.1.1.1 Conformación do Comité de Obra, negociación e sinatura do acordo de achega de man de obra local con enfoque de xénero entre as autoridades de Bartolinas e os Túpacs.

            A.1.1.2 Construción do Sistema de Auga Potable de Alto Chocorosi e ampliación do Sistema de Auga Potable de San Pedro Chocorosi e Chocorosi.

            A.1.1.3 Compra e instalación de medidores nas conexións domiciliarias de auga.

            A.1.1.4 Supervisión do sistema de auga e control de calidade do servizo.

            A.1.1.5 Entrega do sistema de auga.

            A.1.1.6 Coordinación e seguimento das actividades do Resultado 1.

RE 1.2 Mulleres e autoridades da subcentral Bartolina Sisa inciden politicamente na provisión de auga, saúde e hixiene á poboación das 3 comunidades da subcentral de Chocorosi.

            A.1.2.1 Talleres de capacitación ás autoridades Bartolinas en planificación estratéxica a nivel municipal e cantonal, vida sindical e liderado das Bartolinas ás mulleres das 3 comunidades.

            A.1.2.2 Talleres de capacitación para a conformación de 3 comités de auga, un en cada comunidade, con estatuto, regulamento, trámites de personerías xurídicas e de rexistro das súas fontes de auga no SENASBA.

            A.1.2.3 Talleres de capacitación técnica en plomería e electricidade e dotación de ferramentas aos comités de auga.

            A,1.2.4 Talleres de capacitación con mulleres cabezas de familia das 3 comunidades en equidade de xénero, dereitos humanos, cultura de non violencia, e sinatura do Acordo de Redistribución da carga doméstica cos seus esposos.

            A.1.2.5 Talleres de capacitación con homes cabeza de familia das 3 comunidades en equidade de xénero, cultura de non violencia, coidado de nenos e anciáns e labores domésticas.

            A.1.2.6 Equipamento do Centro de Saúde de Chocorosi.

            A.1.2.7 Talleres de hixiene persoal e familiar nas 3 escolas e entrega de kit de aseo familiar, e talleres de saúde para a prevención de enfermidades de transmisión por aire, auga, terra e animais.

            A.1.2.8 Desparasitación da poboación de Chocorosi, San Pedro Chocorosi e Alto Chocorosi en coordinación co Centro de Saúde de Chocorosi.

            A.1.2.9 Coordinación e seguimento das actividades do Resultado 2.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 158 homes, 158 mulleres, 158 nenos e 158 nenas, cun total de 632 persoas beneficiarias de maneira directa.

Indirecta: 87 homes, 87 mulleres, 87 nenos e 87 nenas.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 175.000,00 € (2021: 70.000,00 € ; 2022: 105.000,00 €)