Melloradas as capacidades produtivas e coñecementos técnicos da poboación nova e mulleres Awajún de Urakusa para o acceso a alimentos nutritivos e culturalmente apropiados, promovendo a soberanía alimentaria
Desenvolto en Perú, concretamente no departamento do Amazonas na provincia de Condorcanqui, coa poboación Awajún da comunidade de Urakusa, este proxecto atende ás principais problemáticas da contorna e do contexto, poñendo o foco en: a falta de acceso a alimentos nutritivos e culturalmente pertinentes, a entrada de produtos de fóra e procesados a través do mercado, os altos niveis de contaminación por mor das fugas de petróleo, a minería ilegal e o uso de pesticidas; e a diminución de carne de monte e peixe dispoñible.
Ante esta situación exponse este proxecto que pretende mellorar as capacidades das persoas, especialmente das mulleres e mozas para a promoción dunha diversificación produtiva das parcelas con produtos de consumo tradicional e culturalmente pertinentes. Así como a promoción de crianza de animais menores, como aves, para dar acceso a proteína de calidade e non contaminada, e a adecuación dos espazos para a súa crianza
Servicio Agropecuario para la Investigación y Promoción Económica - SAIPE
Xeral: Contribuír ao acceso ao dereito á alimentación e fortalecemento da soberanía alimentaria da poboación Awajún do distrito de Nieva promovendo a recuperación de técnicas agrícolas tradicionais e o cultivo sostible de especies autóctonas con enfoque de xénero.
Específico: Contribuír ao acceso á alimentación e ao fortalecemento da soberanía alimentaria da poboación Awajún empoderando a estes dous grupos crave no desenvolvemento da comunidade, os e as novas e as mulleres.
RE 1.1: Mellorada calidade da educación técnica en produción agroecolóxica e cría de animais menores dos e as novas Awajún de 1º e 2º grao da IE “Weepiu Yuu Kuyu” do distrito de Nieva a través do fortalecemento da Institución Educativa de Urakusa.
A.1.1.1: Capacitación a docentes sobre produción agroecolóxica e crianza de animais menores.
A.1.1.2: Capacitación a alumnado en produción agroecolóxica e de cultivo tradicional.
A.1.1.3: Creación e mantemento de chacra integral escolar.
A.1.1.4: Instalación de composteira e espazos de recolección e separación de desperdicios.
A.1.1.5: Construción dun viveiro para o mantemento dos cultivos.
A.1.1.6: Capacitación en crianza de aves.
A.1.1.7: Construción e mantemento de espazos de crianza de animais menores.
A.1.1.8: Pasantía por parte do alumnado do IE “Weepiu Yuu Kuyu” para coñecer outras experiencias de traballo produtivo con enfoque agroecolóxico e de reciclaxe de residuos.
A.1.1.9: Asistencia técnica permanente e acompañamento ao persoal directivo do IE “Weepiu Yuu Kuyu” no inicio do proceso de solicitude para o recoñecemento como IE con formación técnica na UGEL así como acompañamento en produción agroecolóxica e crianza de animais menores.
RE 1.2: Mellorada a capacidade produtiva e xestión técnica de 40 mulleres da Asociación de Mujeres Artesás da Rexión Nor Oriental, da CCNN de Urakusa, das súas chacras integrais e crianza de animais menores que aumenten a dispoñibilidade de alimentos nutritivos e culturalmente pertinentes das familias asociadas.
A.1.2.1: Capacitación en técnicas agroecolóxicas para a produción de alimentos nutritivos e culturalmente pertinentes.
A.1.2.2: Mellora e mantemento produtivo de chacra asociativa a través da recuperación de cultivos de consumo e uso tradicional.
A.1.2.3: Instalación de composteira asociativa.
A.1.2.4: Construción e mantemento dun viveiro asociativo.
A.1.2.5: Capacitación en crianza de aves.
A.1.2.6: Fortalecemento e mellora de espazos de crianza de animais menores.
A.1.2.7: Pasantía da Asociación de Mujeres Artesás da Rexión Nor Oriental á Parcela Demostrativa de Pampa Fermosa para o encontro coa Asociación de Mujeres Indíxenas Emprendedoras Virxe de Fátima (AMIEVF).
A.1.2.8: Asistencia técnica permanente e acompañamento en produción agroecolóxica e crianza de animais menores.
RE 1.3: Ampliados os coñecementos da poboación Awajún sobre a importancia da autoprodución de alimentos con enfoque agroecolóxico para unha alimentación sa e culturalmente adecuada e do coidado do medio ambiente.
A.1.3.1: Capacitacións sobre o dereito a unha alimentación adecuada e saudable e coidado do medio ambiente a alumnos do IE “Weepiu Yuu Kuyu” de Urakusa.
A.1.3.2: Xornadas demostrativas en chacra asociativa para a posta en práctica de técnicas e cultivos tradicionais xunto aos mozos da IE “Weepiu Yuu Kuyu”.
A.1.3.3: Xornada de recolección e intercambio de sementes e plantones para preservar a diversidade xenética e promover a recuperación e conservación de sementes e variedades autóctonas.
A.1.3.4: Participación en pasacalles 5 de xuño polo Dia Mundial do Medioambiente e xornada de sensibilización.
A.1.3.5: Espazo radiofónico dos e as mozas para a sensibilización sobre a importancia dunha boa alimentación e o acceso a alimentos nutritivos e saudables e coidado do medio ambiente.
A.1.3.6: Campaña informativa radial sobre dereito a unha alimentación adecuada e coidado do medio ambiente.
A.1.3.7: Xornada de sensibilización sobre a importancia da autoprodución de alimentos de consumo tradicional e coidado do medioambiente na CCNN de Urakusa.
A.1.3.8: Participación en feiras provinciais.
A.1.3.9: Xornadas de reforestación coas Mulleres Artesás da Rexión Nor Oriental e o IE “Weeoiu Yuu Kuyu” na comunidade nativa de Urakusa.
Directa: 240 (1 homes; 39 mulleres; 100 nenos; 100 nenas)
Indirecta: 720 (3 homes; 127 mulleres; 300 nenos; 300 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
184.999,43 € (64.749,80 € en 2024 e 120.249,63 € en 2025)