Mellorado o acceso á educación primaria e á alfabetización de mulleres na aldea de Catão na Guinea Bissau
Coa presente proposta pretendemos rehabilitar unha escola pública de primaria na aldea de Catão (Cacheu), ante a falta de recursos do Ministerio de Educación para poder asumir a reparación e mantemento das escolas, sobre todo en zonas rurais illadas como é o caso. A referida escola conta con dous edificios de 150 e 110 m2 respectivamente (ver anexo 7a e 7b_Planos da escola). No primeiro edificio hai tres aulas, unha sala de profesores e un almacén. No segundo edificio hai catro aulas de 25m2 cada unha. A escola de Catão é unha escola pública de primaría, o alumando está entre primeira (6 anos) e sexta clase (12- 14 anos) ademais de pre-escolar (3 a 6 anos). A escola precisa unha reparación urxente do seu tellado para evitar que se sigan degradando o resto da infraestrutura (fendas nas paredes, betón no solo, pintura). No proxecto tamén está contemplado a constitución e capacitación dun comité de xestión comunitaria da escola, formado polo 50% de mulleres, que sexan responsables dun fondo comunitario para futuras reparacións, tendo en conta que a rehabilitación vai ser feita con traballo comunitario baixo a supervisión dos
técnicos de Walendiren. En definitiva, a presente proposta ten o obxectivo xeral promover o dereito a unha educación de calidade para comunidades rurais de Guinea Bissau con especial énfase en mulleres e nenas. O obxectivo especifico do proxecto pretende garantir a dispoñibilidade e a xestión eficiente de infraestrutura educativa adecuada e sostible na aldea de Catão na Rexión de Cacheu.
Asociación Walendiren
Xeral: Promover o dereito a unha educación de calidade para comunidades rurais de Guinea Bissau con especial énfase en mulleres e nenas.
Específico: Garantir a dispoñibilidade e a xestión eficiente de infraestrutura educativa adecuada e sostible na aldea de Catão na Rexión de Cacheu.
RE 1.1. Mellorada a infraestrutura educativa pública para a educación primaria na aldea de Catão.
A.1.1.1. Compra e transporte dos materias de construción.
A.1.1.2. Rehabilitación da escola contando co traballo comunitario
A.1.1.3. Instalación do sistema fotovoltaico na escola de Catão.
RE 2.1. Mellorada a xestión comunitaria da escola e o acceso á alfabetización, con especial atención ás mulleres, na localidade de Catão.
A.2.1.1. Constitución dun comité de xestión da escola de forma democrática e paritaria. Formación continua ao mesmo durante todo o proxecto.
A.2.1.2. Elaboración do plan de xestión comunitario da escola
A.2.1.3. Realización de 2 cursos (inicio e fin do proxecto) sobre xestión de fundo comunitario e acompañamento continuo ao mesmo durante a execución do proxecto.
Directa: 464 persoas (116 homes, 174 mulleres, 109 nenos e 65 nenas)
Indirecta: 825 persoas (316 homes, 367 mulleres, 69 nenos y 73 nenas)
Xunta de Galicia: 29.449,19 €