Mellorado o acceso a medios de vida (auga e alimentación) nas localidades de Dembanje, Basseor e Yal na Guinea Bissau, con especial atención ás mulleres.
A presente proposta busca mellorar as condicións de vida da poboación de tres localidades bisauguineanas garantindo o acceso á auga e o papel da muller na súa xestión, así como no auto-abastecemento hortícola. Preténdese rehabilitar dous pozos e mellorar o sistema de bombeo mediante a instalación dunha electro-bomba solar e un depósito elevado nas localidades de Yal e Basseor. Deste xeito búscase abastecer de auga ao conxunto da comunidade e tamén a escola de Yal que está próxima a un dos pozos. Ademais, preténdese construír un valado para acondicionar unha horta para o grupo de mulleres na aldea de Dembanje e mellorar os seus equipamentos e sementes para o traballo hortícola, garantindo así o acceso á alimentación cun enfoque de desenvolvemento local e soberanía alimentaria, con especial atención ás mulleres.
Asociación Walendiren
Xeral: Mellorar as condicións de vida da poboación de tres aldeas de Guinea Bissau garantindo o acceso á auga e o papel da muller na súa xestión racional así como no auto-abastecemento hortícola.
Específico: Mellorar o acceso a medios de vida (auga e alimentación) nas localidades de Dembanje, Basseor e Yal na Guinea Bissau, con especial atención ás mulleres.
RE 1.1 Mellorado acceso a auga cun enfoque participativo, con especial atención ás mulleres, nas localidades de Yal e Basseor.
A.1.1.1 Realizados os traballos de reparación dos pozos en Yal e Basseor.
A.1.1.2 Instalación das electrobombas e da canalización desde os pozos cara a fontes de auga accesibles.
A.1.1.3 Construción da estrutura do depósito de agua e instalación do mesmo con conexión as fontes de agua.
A.1.1.4 Constitución de dous comités de xestión dos pozos de forma democrática e paritaria e formación continua aos comités durante todo o proxecto.
A.1.1.5 Elaboración dos plans de xestión comunitario de cada un dos pozos.
A.1.1.6 Realización de 2 cursos sobre hábitos hixiénico- sanitarios e outros 2 cursos sobre uso racional da auga en cada unha das localidades.
RE 1.2 Mellorado acceso a alimentación cun enfoque de desenvolvemento local e soberanía alimentaria, con especial atención ás mulleres na localidade de Dembanje.
A.1.2.1 Construción da estrutura do valado da horta comunitaria (1ha) de Dembanje.
A.1.2.2 Constitución do comité de xestión da horta de forma democrática e paritaria e formación continua ao mesmo durante o proxecto.
A.1.2.3 Elaboración do plan de xestión comunitario da horta de Dembanje.
A.1.2.4 Compra de sementes e material de labranza para traballar na horta
Directa: en total serán beneficiarias directas das tres intervencións 918 mulleres, 148 homes, 142 nenos e 146 nenas.
Indirecta: en total serán beneficiarias indirectas das tres intervencións 918 mulleres, 896 homes, 142 nenos e 146 nenas.
Axuda Xunta de Galicia: 29.957,76€