Proxectos

MELLORAMENTO DA CAPACIDADE DE PESCADORAS E PESCADORES ARTESANAIS PARA A PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS MARIÑOS COSTEIROS NA PENÍNSULA DE COSIGÜINA. NICARAGUA

Mellorar a capacidade de pescadoras e pescadores artesanais para a produción e comercialización de produtos mariños na península de Cosigüina.

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
NICARAGUA
Zona de actuación: 
Chinandega (departamento)
Golfo de Fonseca
Axentes: 
AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE
Contraparte: 

Fundación Luchadores integrados al desarrollo de la región (­LIDER)

Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Coñecer o estado dos recursos mariño-costeiros e os principios da pesca responsable.
Fortalecer a organización e legalización de pescadoras e pescadores artesanaisApoiar iniciativas sostibles para o manexo, extracción e comercialización de produtos mariño costeiro.
Promover procesos participativos para a protección e control de recursos naturais no Golfo de Fonseca

Resultados e actividades: 

- Avaliar o estado  de fauna mariño costeira. Publicar e distribuír 1 investigación de biodiversidade para especies mariño costeiras. Desenvolver 2 módulos de capacitación para a actividade pesqueira responsable. Elaborar e distribuír manual popular de Código de conduta para Pescadores Locais
- Legalizar unha cooperativa de pescadoras e pescadores para a comunidade o Rosario e promover a ­conformación da unión de cooperativas de ­Cosigüina. Apoiar a legalización de embarcacións. Desenvolver unha campaña promocional para a ­carnetización de pescadoras e pescadores e obtención de permisos de pesca. Establecer o manexo artesanal das especies Cangrexo ­apretador (­Menipe ­frontalis) e Casco de burro (­Grandiarca ­grandis)
- Mellorar os medios e infraestruturas para a extracción e selección de produtos
- Promover a inserción do valor engadido na actividade pesqueira
- Fomentar o intercambio ­trinacional para a vixilancia e control. Contratar e equipar a 2 ­gardaparques para a vixilancia e control na zona mariño costeira. Desenvolver unha campaña para a ­rotulación, promoción e protección de zonas ­estatratéxicas na zona mariño costeira

Poboación beneficiaria: 

Directa: 350 persoas das que o 40% son mulleres. Entre a poboación beneficiaria directa atópanse 104 pescadoras e pescadores artesanais das cooperativas de ­Potosí, La ­Salvia, El Rosario e ­Mechapa.  Deste grupo 17 son mulleres (16%)
Indirecta: 620 persoas

Axudas: 

98650