Proxectos

MELLORAMENTO DAS CAPACIDADES PRODUTIVAS PARA A SOBERANÍA ALIMENTARIA E A IMPLEMENTACIÓN DE INICIATIVAS PRODUTIVAS COMUNITARIAS

Contribuír ao desenvolvemento integral das comunidades da costa Sur do país por medio da implementación de iniciativas produtivas con criterios de sostibilidade, solidariedade e seguridade alimentaria, co fin de contribuír á mellora das condicións de vida das familias.

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Retalhuleu (departamento)
Axentes: 
ACSUR LAS SEGOVIAS
Contraparte: 

Asociación para la Promoción y el Desarrollo de la Comunidad “CEIBA"
Asociación Maya Oxib’No’j ONG  "AMON- ONG"

Obxectivos: 

- Contribuír ao abastecemento alimentario coa utilización de técnicas produtivas ecolóxicas, apegadas á cultura de homes e mulleres de 355 familias das 13 comunidades participantes no programa.
- Promover iniciativas produtivas, que brinden seguridade económica ás familias e as comunidades participantes, con criterios de sostibilidade, solidariedade e de soberanía alimentaria, promovendo a participación de homes e mulleres.

Resultados e actividades: 

Actividades previstas por CEIBA:
- Elaboración de plan de implementación de estruturas de reciclaxe de auga.
- Compra de materiais para mellora das infraestruturas.
- Compra de materiais para filtros e tanques.
- Mellora da infraestrutura produtiva pecuaria e de verduras olerícolas.
- Elaboración de grupos de apoio para construción.
- Traballos de abertura de gabias, buratos e de drenaxe.
- Elaboración e instalación de filtros e tanques.
- Implementación de áreas produtivas de froiteiros e forestais.
- Traballos nas parcelas.
- Implementación de áreas produtivas de verduras con sementes locais.
- Implementación de bancos comunitarios de sementes.
- Xiras a outras experiencias con líderes das comunidades.
- Sensibilización sobre o tema da soberanía alimentaria, parcelas integrais e xénero.
- Capacitación e sensibilización de promotores e de grupos comunitarios en parcela integral, fertilización básica, instalacións pecuarias e sementes.
- Elaboración de proposta de receitas e dietas.
- Capacitación de mulleres sobre envasado de alimentos e elaboración de alimentos.
- Implementación de áreas produtivas de verduras e plantas medicinais con sementes locais.
- Capacitación e sensibilización de promotores/as e de grupos comunitarios en manexo de pragas e enfermidades, medicación de animais e concentrados.
- Elaboración de produtos a partir de bens agrícolas e pecuarios con materiais locais.
- Organización de grupos de mulleres.
- Preparación de materiais educativos para sensibilizar aos líderes dos beneficios do consumo responsable e da equidade de xénero.
Actividades previstas por AMON:
- Talleres de formación administrativa, de crianza de gando bovino, de manexo profiláctico de gando bovino e de elaboración de pequenas embarcacións.
- Compra de materiais para a construción de canoas e trasmallos.
- Compra de xovencas e touros.
- Construción de canoas e trasmallos.
- Compra de insumos para manexo de gando bovino.
- Rehabilitación de pasto e de cercos dos potreros.
- Construción de dous touriles e compra de básculas.
- Aplicación vitaminas, desparasitantes e vacinas.
- Rexistro de captura de produtos pesqueiros.
- Deseño e implementación de folla de control de captura de produtos pesqueiros por cada socio.
- Diagnóstico dos produtos a comercializar.
- Capacitación selección de xovencas e touros.
- Asembleas comunitarias para nomear xuntas directivas e comisións de traballo con participación de homes e mulleres.
- Reunións para elaborar plans de traballo dos grupos de mulleres.
- Talleres de procesamento de produtos lácteos.
- Talleres de muxidura de vacas.
- Taller de procesamento de produtos pesqueiros.
- Taller de comercialización de produtos pesqueiros.
- Aplicación de proba de tuberculose.
- Currais para muxidura e encerro de chibos.
- Parición de xovencas.
- Incremento da área de pasto.
- Inicio de procesos de comercialización de produtos pesqueiros.
- Inicio de procesos de comercialización de produtos lácteos.
- Taller de protección e conservación do medio.
- Taller xurídico da lei de pesca.
- Renovación dos membros das comisións dos proxectos de gando con integración nun 50% de mulleres.

Poboación beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa:
Os/as beneficiarios/as directos/as da liña de seguridade alimentaria son 355 familias de 13 comunidades dos municipios de Champerico e Retalhuleu, unhas 2.130 persoas. Ademais considéranse beneficiarios/as directos/as das capacitacións 2.196 familias destas trece comunidades que serán formadas a través de réplicas.
A poboación directamente beneficiada por iniciativas produtivas son 244 familias, pertencentes a tres comunidades e a asociación de pescadores.
Poboación beneficiaria indirecta:
Para a liña de seguridade alimentaria considérase beneficiarios/as indirectos/as a todas as familias das trece comunidades de intervención.
Para a liña de iniciativas produtivas considéranse beneficiarios/as indirectos/as a todas as familias das tres comunidades e a asociación de pescadores

Axudas: 

493480