Mellorando a vida das microempresarias do sector popular de Lima Este, Perú
O presente proxecto ten como finalidade específica conseguir que 240 mulleres da zona leste da cidade de Lima, socias dun programa de microcréditos, desenvolvan capacidades no plano económico e participativo co fin de que obteñan un impacto positivo na mellora das súas condicións de vida.
As estratexias de traballo que se propón no relacionado coas súas capacidades para a participación, inclúen promover liderados democráticos nas organizacións de mulleres que impulsen alianzas estratéxicas con organizacións públicas e privadas de maneira que se comprometan coas demandas do movemento de mulleres. Así mesmo, realizarase un acompañamento ás lideresas na formulación das súas axendas e a participación nos espazos de desenvolvemento local como son a mesa de desenvolvemento económico ou a mesa de igualdade de oportunidades, entre outros. Finalmente, promoveranse espazos políticos que resulten no impulso de políticas públicas que respondan ás prioridades que as organizacións de mulleres estableceron nas súas axendas (cuestións relacionadas cos seus dereitos políticos, económicos e sociais).
No ámbito económico, brindarase ás organizacións de mulleres posibilidades económicas para saír da pobreza ao poñer á súa disposición ferramentas técnicas e legais no desenvolvemento do crédito e promoción do aforro. Complementariamente ofreceránselles servizos de desenvolvemento empresarial a nivel produtivo, administrativo e comercial.
Así, mediante o programa de actividades exposto quere lograrse que as mulleres reciban unha ferramenta de mellora económica que estea inseparablemente vinculada coa súa participación cidadá e a súa capacidade para favorecer políticas públicas acordes ás súas demandas. Deste xeito estas dúas dimensións están estreitamente articuladas a unha á outra.
Servicios Educativos el Agustino
Obxectivo Xeral: Mellora das condicións de vida das mulleres da microempresa do sector popular de Lima Este a través do fortalecemento das súas capacidades e do exercicio igualitario e participativo da cidadanía.
Obxectivo Específico: As mulleres da microempresa do sector popular de Lima Este fortalecen capacidades individuais e colectivas e participan en procesos igualitarios e sostibles de desenvolvemento local.
Resultado 1.1.: Quince organizacións da microempresa de Bancos Comunais fortalecidas e lideradas por mulleres inciden en espazos de concertación sobre desenvolvemento económico local e igualdade de oportunidades.
Actividades:
A.1.1.1.: Elaboración e execución do programa de formación en desenvolvemento persoal, organizacional, liderado ético, incidencia política e igualdade de oportunidades.
A.1.1.2.: Taller de competencias de Desenvolvemento Económico Local e de elaboración de proxectos dentro do marco do Orzamento Participativo.
A.1.1.3.: Asesoría e acompañamento ás lideresas no desenvolvemento da constitución da organización e dos plans de traballo.
A.1.1.4.: Asesoría e asistencia técnica as e os líderes en participación de espazos de desenvolvemento económico local e de igualdade de oportunidades.
Resultado 1.2.: 216 empresarias/os de microempresas dos Bancos Comunais fortalecen as súas capacidades de xestión empresarial, melloran as súas condicións laborais e incrementan os seus ingresos.
Actividades:
A.1.2.1.: Elaboración dun estudo de liña de base sobre as capacidades e condicións económicas e empresariais das MYPE.
A.1.2.2.: Elaboración e execución do programa de formación en xestión empresarial para a MYPE.
A.1.2.3.: Asesoría e asistencia técnica a MYPE en xestión empresarial.
Resultado 1.3.: 192 empresarias da microempresa do sector popular organizadas en doce Bancos Comunais acceden a mecanismos de microcrédito e aforro, e melloran as súas condicións económicas e laborais.
Actividades:
A.1.3.1.: Elaboración dun diagnóstico dos bancos comunais existentes.
A.1.3.2.: Elaboración e execución do programa de formación en xestión financeira para bancos comunais e cooperativa de aforro e crédito.
A.1.3.3.: Asesoría e asistencia técnica en xestión financeira para bancos comunais e cooperativa de aforro e crédito.
A.1.3.4.: Posta en marcha dun programa Fondo Semente ou Fondo Rotatorio.
Directa: 240 (94% mulleres).
Indirecta: 1.500 familiares.
173.544,00 (2012: 52.063,20; 2013: 121.480,80)