Proxectos

Mellorar a asistencia multisectorial da poboación para cubrir as necesidades de saúde e protección das persoas en situación de vulnerabilidade en Nangade, Cabo Delgado, Mozambique

O proxecto proposto ten como obxectivo abordar a problemática do acceso limitado a servizos integrais de saúde e protección na poboación de Nangade, Mozambique, afectada polo conflito que ten lugar na provincia de Cabo Delgado. Nos últimos anos, a situación de inestabilidade polo conflito iniciado en 2017 na rexión deteriorou significativamente os sistemas de saúde locais, o que xerou unha urxente necesidade de apoio para garantir o dereito fundamental á saúde da poboación. A estratexia de actuación céntrase no fortalecemento do sistema sanitario e os mecanismos de protección comunitaria a través de dous eixos principais:

  • A mellora do Acceso a Servizos de Saúde e Protección Comunitaria, coa integración de medidas de prevención e resposta á Violencia de Xénero (VdG) e servizos de Saúde Mental e Apoio Psicosocial (SMAPS).
  • E o fortalecemento da cobertura e calidade dos Servizos de Atención Primaria.
Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Acción Humanitaria
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Cabo Delgado (provincia)
Axentes: 
MÉDICOS DO MUNDO GALICIA
Contraparte: 

Médicos do Mundo Mozambique

Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a mitigar as consecuencias humanitarias do conflito interno e a inseguridade en Mozambique asegurando un maior acceso da poboación afectada na provincia de Cabo Delgado aos servizos integrados de saúde e SMAPS.

Específico:  Mellorar a asistencia multisectorial da poboación para cubrir as necesidades de saúde e protección das persoas en situación de vulnerabilidade en Nangade, Cabo Delgado.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Fortalecidos o acceso, a capacidade e a calidade dos servizos de atención primaria de saúde e dos/as axentes comunitarios/as na área de Nangade.

A.1.1.1 Entrega de equipos médicos básicos, medicamentos e consumibles e rehabilitación de infraestruturas para os centros de saúde de Ntamba e Nangade Sede.

A.1.1.2 Desenvolvemento de capacidades do persoal de saúde e das parteras tradicionais baseado no paquete de servizos de Saúde Sexual e Reprodutiva (SSR).

A.1.1.3 Fortalecer as capacidades de resposta á violencia de xénero (VdG) nos centros de saúde mediante o desenvolvemento de capacidades, a subministración de medicamentos e o apoio ao sistema de derivación.

A.1.1.4 Paquete de capacitación para o persoal de saúde sobre asistencia de saúde mental, incluídos primeiros auxilios psicolóxicos, comunicación básica e apoio psicosocial para sobreviventes de violencia de xénero e violencia sexual.

A.1.1.5 Mellorar o sistema de saúde comunitario mellorando a atención e a identificación de casos.

RE 1.2 Aumentada a dispoñibilidade e o acceso a servizos de saúde, saúde mental e apoio psicosocial (SMAPS) e violencia de xénero en áreas de difícil acceso nas comunidades de Nangade.

A.1.2.1 Apoio á clínica móbil para garantir o acceso á saúde dos centros de reasentamento de Muadi, Mualela e Ntoli e a localidade de Chiduadua.

A.1.2.2 Apoio á subministración de medicamentos, consumibles e equipos médicos para a clínica móbil.

A.1.2.3 Reforzo ao sistema de derivación de pacientes a unidades sanitarias.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 20.427 (4.842 mulleres; 4.167 homes; 5.638 nenos; 5.780 nenas)

Indirecta: 38.256 (9.067 mulleres; 7.804 homes; 10.559 nenos; 10.826 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 75.000 €