Proxectos

Mellorar as capacidades técnicas, materiais e o posicionamento social do sector pesqueiro artesanal, e a súa cadea de valor, desde un enfoque sustentable e inclusivo. O Salvador

Este proxecto é a continuación dun Plan iniciado por Asemblea de Cooperación pola Paz e AGARESO que se inicia no 2007 dentro do sector pesqueiro salvadoreño. Nesta ocasión, o proxecto ten en conta os impactos que provocou a pandemia do Covid-19 no sector pesqueiro, e ten como obxectivo a mellora das capacidades técnicas, materiais e o posicionamento social do sector pesqueiro artesanal, e a súa cadea de valor, desde un enfoque sustentable e inclusivo, que á súa vez incide no obxectivo xeral de garantir mellores condicións de seguridade, sustentabilidade e recoñecemento social da actividade pesqueira artesanal e a súa cadea de valor.

Ano: 
2021
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
O SALVADOR
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Contraparte: 

Asociación Fundación para la Cooperación y el desarrollo Comunal de El Salvador (CORDES)

Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Obxectivos: 

Xeral: Garantir mellores condicións de seguridade, sustentabilidade e recoñecemento social da actividade pesqueira artesanal e a súa cadea de valor.

Específico: Mellorar as capacidades técnicas, materiais e o posicionamento social do sector pesqueiro artesanal, e a súa cadea de valor, desde un enfoque sustentable e inclusivo.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Ao 12º mes implementouse un plan de seguimento e avaliación das actividades do proxecto.

            A.1.1.1. Conformación dos comités de dirección e seguimento.

            A.1.1.2. Reunión informativa con titulares de dereitos, responsabilidades e obrigacións.

            A.1.1.3. Implementación do plan de seguimento e avaliación do proxecto.

            A.1.1.4. Establecemento dunha liña de base e estudo diagnóstico sobre os impactos da COVID 19 na pesca e acuicultura.

RE 1.2. Ao 12º mes o sector pesqueiro artesanal dispoñerá dun prototipo de embarcación para unha pesca máis segura e sustentable.

            A.1.2.1. Finalización do proceso formativo-construtivo dun prototipo de embarcación para unha pesca segura.

            A.1.2.2. Realización de probas de estabilidade.

            A.1.2.3. Inscrición de planos finais en rexistro e cesión de produtos finais.

            A.1.2.4. Difusión da embarcación a actores clave.

RE 1.3. Ao 12º mes impulsouse a reactivación produtiva e económica de cooperativas e colectivos vulnerables, desde un enfoque de cadea de valor da pesca artesanal e protección ambiental.

            A.1.3.1. Dotación de Insumos a Cooperativas Pesqueiras integradas a FECOOPAZ e FACOOPADES.

            A.1.3.2. Realización de obras e dotación de equipos á cooperativa de mulleres El Milagro.

            A.1.3.3. Dotación de insumos para cultivo sustentable do camarón a cooperativas integradas en FECOOPAZ.

            A.1.3.4. Elaboración do plan de negocio e apoio á legalización do asocio de mozos do proceso de construción en fibra de vidro.

            A.1.3.5. Apoio ao funcionamento da actividade do curral de protección da tartaruga mariña de Isla Tasajera.

RE 1.4. Ao 12º mes fortalecéronse as capacidades técnicas e organizativas do sector pesqueiro para a incidencia política e a superación de brechas de participación de colectivos vulnerables.

            A.1.4.1. Elaboración participativa da planificación estratéxica e organizativa de CONFESPESCA.

            A.1.4.2. Formación a cooperativistas integrados en CONFESPESCA sobre incidencia social e política.

            A.1.4.3. Formación en organización e liderado cooperativo para mozos de FECOOPAZ e FACOPADES.

            A.1.5.4. Constitución do Comité de Xénero de FECOOPAZ.

RE 1.5. Ao mes 12º fortaleceuse a participación en condicións de igualdade e equidade das mulleres en espazos de toma de decisión e incidencia no sector da pesca artesanal e a acuicultura e a súa visibilización como axentes activas no desenvolvemento.

            A.1.5.1. Constitución do Comité de Xénero de FECOOPAZ.

            A.1.5.2. Proceso formativo para o fortalecemento de capacidades das integrantes no Comité de Xénero de FECOOPAZ.

            A.1.5.3. Proceso formativo para o fortalecemento de capacidades das integrantes das cooperativas asociadas a FECOOPAZ.

            A.1.5.4. Formación sobre novas masculinidades con homes cooperativistas.

RE 1.6. Ao 12º mes impulsouse o recoñecemento social da pesca artesanal salvadoreña como unha actividade económica sustentable, respectuosa co medio e con alto impacto sobre a seguridade alimentaria.

            A.1.6.1. Deseño e execución dunha campaña de comunicación e sensibilización social sobre pesca artesanal.

            A.1.6.2. Xestión e execución do plan de coordinación e xestión en redes sociais da campaña de comunicación e sensibilización sobre a pesca artesanal.

            A.1.6.3. Difusión dunha exposición fotográfica sobre mulleres na pesca.

            A.1.6.4. Planificación e implementación do II Foro Nacional da Pesca e Acuicultura Artesanais.         

RE 1.7. Ao 10º mes potenciáronse o traballo dos medios de comunicación comunitarios como axentes de transformación social.

            A.1.7.1. Dotación de equipamento a medios de comunicación comunitarios.

            A.1.7.2. Formación sobre audiovisual e fotografía para xornalistas comunitarios.

            A.1.7.3. Encontro Centroamericano de Radios Comunitarias online.

            A.1.7.4. Produción e emisión de 8 cuñas sobre medioambiente e pesca artesanal.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Establécese como poboación beneficiaria directa ás persoas que integran as Cooperativas, Federacións de Cooperativas, Confederación de Federacións, iniciativas económicas e radios comunitarias que se van a apoiar no marco do proxecto. Tamén ao alumnado do curso de formación en construción de embarcacións. Co presente proxecto van apoiar cooperativas e iniciativas asociativas de traballo (un total de 2.177 persoas, 1.595 homes e 582 mulleres), de diferente natureza.

Indirecta: Enténdese como poboación beneficiaria de maneira indirecta a toda a poboación costeira, así como todos aqueles que se poidan beneficiar dos resultados do proxecto, xa sexa por medio dos medios de comunicación como polos insumos máis palpables. Neste sentido, contabilízanse un total de 33.596 homes, 33.745 mulleres, 26.283 nenos e 27.924 nenas.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 225.000,00 € (2021:90.000,00 € ; 2022:135.000,00 €)