Proxectos

Mellorar o exercicio dos dereitos de saúde sexual e reprodutiva dos e das mozos/as do distrito de Matola, provincia de Maputo, Mozambique.

Este proxecto promove un enfoque integral dos dereitos sexuais e reprodutivos dende unha perspectiva de xénero e interculturalidade, asegurando o coñecemento e gozo dos dereitos das mulleres e mozos/as en idade escolar. Considerando ó estado como responsable de garantir os dereitos sexuais e reprodutivos da súa poboación en un marco de igualdade de oportunidades. O proxecto fortalece o sistema público de saúde, o mesmo tempo que a sociedade civil e a súa resposta comunitaria á violencia.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Matola
Axentes: 
MÉDICOS DO MUNDO GALICIA
Contraparte: 

Serviço Distrital de Saúde, Mulher e Acçao Social da Matola (SDSMAS Matola); Asociaçao Comunitária para o Desenvolvimento da Mulher (ACODEMU)

Código CRS: 
130 - Políticas de poboación e saúde reprodutiva
Obxectivos: 

 
Obxectivo xeral: Mellorar o exercicio dos dereitos de saúde sexual e reprodutiva dos/as mozos/as do distrito de Matola (provincia de Maputo, Mozambique).

Obxectivo específico:
Promover a saúde sexual e reprodutiva dos/as mozos/as e a loita na prevención da violencia de xénero na comunidade escolar e nos actores locais.

Resultados e actividades: 

 
Resultado.1.1 Mellorados os coñecementos da comunidade educativa en saúde sexual e reprodutiva e prevención e combate da violencia de xénero.
Actividades
A.1.1.1 Formación de profesores/as, alumnos/as e novos activistas do SAAJs sobre dereitos sexuais e reprodutivos, novas masculinidades e sobre violencia contra as mulleres.
A.1.1.2 Creación de núcleos en cada escola e dinamización da participación de activistas dos SAAJs.
A.1.1.3 Promoción e equipamento de grupos específicos (de mozos e de mozas) de apoio o debate, con presenza dos activistas do SAAJ.
A.1.1.4 Concursos e encontros deportivos sobre a temática dos dereitos sexuais e reprodutivos e a loita contra a violencia de xénero.
Resultado.1.2 Elaborada e difundida a estratexia de prevención da violencia de xénero para o público xuvenil, de maneira coordinada entre actores públicos e privados.
Actividades
A.1.2.1 Deseño dun plan de formación para o Grupo Multisectorial.
A.1.2.2 Formación aos membros do Grupo Multisectorial sobre dereitos de SSR e prevención da violencia de xénero.
A.1.2.3 Obradoiro para a elaboración dunha estratexia de prevención da violencia de xénero.
A.1.2.4 Programas de radio para a divulgación da prevención da violencia de xénero.

Poboación beneficiaria: 

 
Directa: A poboación beneficiaria directa ascende a 20.444 mozos/as en idade escolar das escolas do Posto Administrativo de Infulene (primaria e secundaria).

Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta corresponde á poboación do posto administrativo de Infulene (distrito de Matola) e ascende a 230.226 habitantes, dos que 121.094 son mulleres e 109.132 son homes.

Axudas: 

60.000,00 (2015)