Mellorar a seguridade alimentaria, os medios de vida e a resiliencia medioambiental de 30 comunidades campesiñas organizadas dos municipios de Bohechío, Las Yayas y Padre Las Casas, provincias de Azua y San Juan
Este proxecto nace co obxectivo de contribuír ao acceso ao seu DDHH a alimentación de 30 comunidades campesiñas dos municipios de Bohechío, Las Yayas y Padre Las Casas, nas provincias de Azua e San Juan, República Dominicana. A intervención identificouse desde un enfoque de soberanía alimentaria, que se centrará na dimensión da seguridade alimentaria a partir de tres eixos (resultados). O primeiro ocuparase do desenvolvemento de sistemas agroforestais que aumenten e diversifiquen os cultivos. O segundo centrarase na introdución de carne e produtos lácteos de orixe animal, por tanto, de proteína nas mesmas comunidades do resultado anterior. Para finalizar, deseñouse un último resultado esperado de vocación organizativa.
Centro de Estudios e Promoción Social, Inc. (CEPROS)
Xeral: Contribuír ao dereito á alimentación e a un medio ambiente san desde un enfoque de soberanía alimentaria que fomenta a protección e restauración ecolóxica coas comunidades campesiñas organizadas de 3 municipios da provincia de Azua e San Juan.
Específico: Mellorar a seguridade alimentaria, os medios de vida e a resiliencia medioambiental de 30 comunidades campesiñas dos municipios de Bohechío, Las Yayas e Padre Las Casas, Republica Dominicana.
RE 1.1 Implementado un plan de seguimento, avaliación e xestión do coñecemento con enfoque de xénero e xustiza ambiental
A.1.1.1 .Conformación e posta en marcha dos comités de dirección e seguimento do proxecto (mes 1 ao 12).
A.1.1.2 Elaboración dunha liña de base con enfoque de xénero (meses 1 a 4).
A.1.1.3 Asembleas de presentación do proxecto e firma de acordos con Titulares de Responsabilidades (mes 1).
A.1.1.4 Elaboración e instalación dos materiais de difusión e visibilidade do proxecto (mes 1).
A.1.1.5 Diagnóstico de brechas de xénero no medio ambiente e agroecología (mes 2 ao 6).
RE 1.2: Comunidades campesiñas organizadas desenvolven sistemas agroforestais sostibles que aumentan e diversifican os seus cultivos desde un enfoque de resiliencia.
A.1.2.1 Curso taller sobre manexo e conservación dos recursos naturais, agroforestería e agroecoloxía (mes 3).
A.1.2.2 Tres xornadas educativas de campo sobre manexo e conservación dos recursos naturais, agroforestería e agroecología realizadas (mes 4 ao 7)
A.1.2.3 Intercambio de experiencias de comercialización en agroecología entre organizacións campesiñas (mes 7).
A.1.2.4: Instalación de 30 parcelas agroforestais familiares e 15 sistemas de rego (meses 2 a 3 e 9 a 12)
A.1.2.5 Instalación de 2 viveiros comunitarios de froiteiros (meses 2 a 3 e 9 a 12)
A.1.2.6 Instalación de 20 hortos caseiros (meses 2 a 3 e 9 a 12)
RE 1.3: Familias campesiñas xestionan granxas bovinas e ovinas para o aproveitamento silvopastoril e sostible dos recursos ecosistémicos
A.1.3.1: Curso taller sobre manexo e crianza de animais (mes 3).
A.1.3.2 Tres xornadas educativas de campo sobre manexo e crianza de animais domésticos (mes 4 ao 7)
A.1.3.3 Dotación de 33 granxas familiares para a crianza de vacas e ovellas ou cabras (mes 3 ao 12).
RE 1.4: As asociacións de base campesiña melloran a súa capacidade de incidencia e dispoñen de mecanismos que aseguran a plena participación das mulleres na toma de decisións relativa aos recursos naturais.
A.1.4.1 Tres cursos talleres de formación en liderado, asociacionismo campesiño (meses 2, 3 e 4)
A.1.4.2 Curso taller de formación en xénero para mulleres campesiñas (mes 3).
A.1.4.3 Tres xornadas educativas de campo sobre liderado e asociacionismo campesiño (meses 7, 8, 9 e 10).
A.1.4.4 Tres xornadas educativas de formación en xénero (meses 7, 8, 9 e 10).
A.1.4.5 Legalización de oito asociacións ou estruturas campesiñas (mes 1 ao 12).
Directa: 1.226 (393 homes; 518 mulleres; 126 nenos; 189 nenas)
Indirecta: 4.505 (1.940 homes; 2.565 mulleres)
Axuda Xunta de Galicia: 185.000€ (74.000€ en 2023 e 111.000€ en 2024)