Proxectos

MENIÑOS FACENDO FAMILIAS: ALGO GRANDE DENDE OS MÁIS PEQUENOS: AS ACHEGAS DAS NENAS E NENOS PARA MELLORAR A SÚA FAMILIA

Beneficiarios

3.000 Nenas e nenos de Galicia, 70 colexios, 100 educadoras e educadoras

Obxectivos

  1. Promover os dereitos da infancia mediante a cultura do bo trato, e informar e sensibilizar ás nenas e nenos sobre as diferentes realidades das familias
  2. Extender e ampliar, durante o curso 06/07, a proposta educativa ”Facendo Familias” a colexios e nenas e nenos e localidades que non a traballaron durante o curso 05/06, así como fidelizar a participación das que si o fixeron
  3. Optimizar a difusión do contido e resultados das actuacións de ”Facendo Familias”, recollendo as achegas e propostas dos máis pequenos, mediante a elaboración e difusión dunha exposición itinerante, e o deseño e posta en marcha dun portal web específico: ”O mundo de Milu”

Accións

  • Presentación e distribución do material educativo aos colexios e entidades de tempo libre
  • Selección do material achegado polas nenas e nenos, tratamento do mesmo, e deseño e elaboración dos soportes fixos para a exposición
  • Planificación e presentación da exposición nas localidades
  • Deseño e elaboración dos contidos da páxina web e material publicitario de apoio
Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
MENIÑOS (FUNDACIÓN)
Axudas: 

10.926 euros