Mensaxes que transforman: Mozos de Galicia e Guatemala crean unha campaña de educación e comunicación conxunta para a promoción dunha cidadanía global crítica e activa ante as inxustizas.
O proxecto enmárcase na Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas, que ten como finalidade promover a construción de cidadanía global a través da adquisición de habilidades para o exercicio dunha cidadanía plena, crítica, activa e transformadora. Este proceso de participación xuvenil leva activo en Galicia desde 2004, e este proxecto pretende achegar novas ferramentas e habilidades para a comunicación para a transformación social e espazos de participación estables aos grupos solidarios, centros educativos e entidades sociais participantes.
A intervención céntrase na adquisición de habilidades para a análise crítica, a comunicación para a transformación social e o desenvolvemento de accións de incidencia social e política ao redor da cultura de paz, a defensa e promoción dos dereitos humanos, a inclusión e o respecto á diversidade. Ademais, traballaranse habilidades para a convivencia pacífica, o traballo en rede e o intercambio de coñecementos e experiencias a través do traballo en colaboración con Entreculturas Fe y Alegría Guatemala e o Protagonismo Xuvenil Organizado.
Xeral: Contribuír ao fortalecemento das capacidades críticas e transformadoras da mocidade en contextos vulnerables de Galicia e Guatemala para actuar como axentes de cambio social desde unha perspectiva local-global e de dereitos humanos.
Específico: Fortalecer as capacidades de análise crítica, traballo colaborativo e comunicación transformadora en mozas de contextos vulnerables de Galicia e Guatemala, mediante a creación conxunta dunha campaña de educación e comunicación que promova unha cultura de paz e unha cidadanía global crítica e activa.
RE 1.1 Desenvolvidas habilidades de liderado e de comunicación para a transformación social nas e os mozos participantes, mediante actividades formativas innovadoras que fortalecen o pensamento crítico e o traballo en equipo para a promoción da cultura de paz.
A.1.1.1 Implementación de proceso participativo de invitación e diálogo do proxecto a centros educativos e entidades sociais en contextos vulnerables de Galicia e ao equipo técnico de Fe e Alegría Guatemala, cos que EC mantén unha ampla traxectoria de colaboración e expresan interese na temática, para a selección de 3 grupos xuvenís diversos e inclusivos con inquietudes pola transformación social.
A.1.1.2. Realización dun encontro inicial formativo con mozos e educadores/as de Galicia sobre pensamento crítico, para sentar as bases do proceso de creación da campaña de educación e comunicación para a transformación social que promova a cultura de paz.
A.1.1.3. Implementación de 6 talleres formativos orientados a persoas mozas para a adquisición de ferramentas habilidades e competencias de comunicación para a transformación social
RE 1.2 Deseñados e implementados espazos de encontro, intercambio e cocreación entre mozos de Galicia e Guatemala para identificar experiencias de comunicación para a transformación social e desenvolver unha campaña liderada polas e os mozos que fomente a análise crítica da realidade desde unha perspectiva local-global para a promoción dunha cultura de paz.
A.1.2.1 Desenvolvemento de sesión de encontro e traballo en liña entre mozos de Galicia e Guatemala para a creación dos contidos da campaña de educación e comunicación para a transformación social conxunta.
A.1.2.2 Participación de representantes novos de Galicia e Guatemala no X Encontro Global da RSM para compartir e intercambiar coñecementos, aprendizaxes, habilidades e ferramentas para o pensamento crítico, a análise da realidade e a comunicación para a transformación social.
A.1.2.3 Realización de visita internacional de dúas persoas mozas de Guatemala para a presentación da campaña de educación e comunicación conxunta con mozos galegos/as en centros educativos de Galicia.
RE 1.3 Implementada e difundida a campaña de educación e comunicación cocreada e liderada polas e os mozos de Galicia e Guatemala, quen aplica as súas capacidades de análise crítica e comunicación para a transformación social para promover novas narrativas de cultura de paz con perspectiva local - global e de dereitos humanos.
A.1.3.1 Deseño de identidade visual de campaña, en base a contidos cocreados por mozos de Galicia e Guatemala, con participación de persoa experta, nunha sesión de encontro e traballo para o deseño e maquetación dos contidos da campaña de educación e comunicación para a transformación social.
A.1.3.2 Deseño e implementación do plan de comunicación da campaña de educación e comunicación para a transformación social, cocreada e protagonizada por mozas de Galicia e Guatemala para a promoción da cultura de paz con enfoque local global e de dereitos humanos.
A.1.3.3 Deseño e implementación dunha acción de incidencia política liderada por mozas de Galicia para a presentación da campaña de educación e comunicación para a promoción da cultura de paz a autoridades galegas.
Directa: 85 (62 mulleres/nenas, 23 homes/nenos)
Indirecta: 4.895 (2.060 mulleres/nenas, 2.835 homes/nenos)
26.259,02 € (10.503,61 € en 2025 e 15.755,41 € en 2026)