Proxectos

MISIÓN DE IDENTIFICACIÓN PARA O FAVORECEMENTO E DESENVOLVEMENTO DA PESCA ARTESANAL EN MOZAMBIQUE

OBXECTIVOS: Favorecer o desenvolvemento da pesca artesanal en Mozambique, a partir do fortalecemento do Instituto Nacional de Investigación Pesqueira (IIP) e do traballo coas comunidades de pescadores do Lago Niassa. Realizarase unha misión de identificación para definir unha estratexia de cooperación ao desenvolvemento en materia de pesca artesanal coherente cos obxectivos e prioridades da Cooperación Galega, da Axencia Española de Cooperación Internacional, das políticas nacionais mozambicanas e das axencias ou entidades que actúan na zona de intervención.

ACCIÓNS: - Definir unha axenda de traballo en Mozambique coordinada co IIP e coa Oficina Técnica de Cooperación Española, da AECI en Mozambique
- Realizar reunións de traballo e entrevistas cos axentes mozambicanos relacionados directa ou indirectamente coa pesca e coas comunidades de pescadores artesanais do Lago Niassa co obxecto de realizar unha identificación dos seus problemas e definir a lóxica da intervención a medio e longo prazo.

Ano: 
2006
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Nacala-Porto
Nampula (provincia)
Axentes: 
DEVALAR CONSULTORÍA EUROPEA S.L.
Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
Axudas: 

45.980 EUROS