Mitigación do impacto socioeconómico da crise provocada pola COVID 19 en familias dedicadas ao turismo rural comunitario e a artesanía téxtil na provincia de Quispicanchi, Cusco-Perú
O proxecto ten como obxectivo fomentar o dereito ao traballo e o dereito a unha alimentación adecuada de familias emprendedoras no ámbito téxtil da rexión de Cusco de forma resiliente despois da crise da Covid-19. Para iso realizarase un reforzo do turismo rural da zona, e fomentarase a mellora dos procedementos utilizados para a fabricación artesanal de produtos téxtiles ademais de reducir a vulnerabilidade alimentaria, económica e social que a crise da Covid produciu.
Asociación Jesús Obrero - CCAIJO
Xeral: Promoción do exercicio efectivo do dereito humano ao traballo e do dereito humano a unha alimentación adecuada de familias emprendedoras da rexión de Cusco de forma resiliente tras a crise da COVID-19.
Específico: Mitigado o impacto socioeconómico da crise provocada pola Covid-19 en 130 familias emprendedoras dedicadas ao TRC e a artesanía téxtil nos distritos de Ccatcca, Ocongate e Marcapata a través da reactivación das súas fontes de ingresos e fortalecemento da súa seguridade alimentaria.
RE1.1 Mellorado a competitividade do Roteiro do Ausangate como destino de turismo rural comunitario, a través da articulación, coordinación e incidencia entre titulares de responsabilidades e titulares de obrigacións vinculados ao turismo rural comunitario no ámbito local (distritos e provincia) e rexional (Cusco).
A.1.1.1 Elaboración da Liña Base do Proxecto.
A.1.1.2 Formación en cidadanía e participación social.
A.1.1.3 Asesoría para a participación en espazos de decisión cidadá.
A.1.1.4 Asesoría para acceder a fondos concursables.
A.1.1.5 Fortalecemento da mesa técnica de turismo.
A.1.1.6 Asesoría para a xestión comunitaria dos emprendementos en TRC.
A.1.1.7 Implementación de paradores turísticos.
RE1.2 130 emprendementos de TRC e artesanía téxtil melloran os seus servizos e produtos de acordo ás demandas do mercado e aos protocolos Covid.
A.1.2.1 Mellora de infraestrutura e equipamento de aloxamentos e restaurantes.
A.1.2.2 Implementación de protocolos de bioseguridade en emprendementos turísticos.
A.1.2.3 Pasantías a experiencias de TRC.
A.1.2.4 Asesoría para a obtención de certificacións de: calidade e destino seguro.
A.1.2.5 Asesoría en mellora de procesos produtivos de artesanía téxtil.
A.1.2.6 Mellora do equipamento de emprendementos de artesanía téxtil.
RE1.3 130 emprendementos en TRC e artesanía téxtil fortalecen a súa estratexia comercial logrando un incremento significativo dos seus ingresos.
A.1.3.1 Promoción da RTA por redes virtuais.
A.1.3.2 Organización de viaxes de familiarización (fam trips).
A.1.3.3 Articulación do roteiro turístico do Ausangate con programas de reactivación.
A.1.3.4 Participación en feiras e rodas de negocio.
A.1.3.5 Promoción comercial mediante unha tenda virtual.
RE.1.4 130 familias emprendedoras en TRC e artesanía téxtil reducen a súa vulnerabilidade alimentaria, económica e social como consecuencia da Covid-19, a través da autoproducción de alimentos e a diversificación das súas fontes de ingresos.
A.1.4.1 Instalacións de hortos familiares.
A.1.4.2 Capacitación no cultivo de hortalizas.
A.1.4.3 Capacitación en crianza de animais menores.
A.1.4.4 Talleres en nutrición e preparación de alimentos saudables con Enfoque de Xénero.
A.1.4.5 Comercialización de excedentes de produción.
A.1.4.6 Campaña de sensibilización sobre a achega da muller na economía familiar.
A.1.4.7 Campaña informativa sobre programas e proxectos en seguridade alimentaria.
Directa: 130 persoas destinatarias do proxecto: 103 mulleres e 27 homes (49 artesáns/ás, 16 orientadores/as locais, 50 emprendedores/as en TRC 15 emprendedoras en agroturismo). Os/as destinatarios/as son indíxenas, na súa maioría mulleres (79.2% mulleres e 20.8% homes). Viven nas comunidades campesiñas de Yanacancha, Pacchanta, Andamayo e Cuyuni, situadas no Roteiro Turístico do Ausangate nos distritos de Ccatca, Ocongate e Marcapata. Son Quechua-falantes, con baixos niveis educativos. Na súa maioría adultos/as e con carga familiar.
Indirecta: 197 homes, 425 mulleres, 1105 nenos e 1448 nenas, cun total de beneficiarios de maneira indirecta de 3175 persoas.
Axuda Xunta de Galicia: 225.000 € (2021: 90.000 € ; 2022:135.000 €)