MÓDULOS FAMILIARES DE PRODUCIÓN E TRANSFORMACIÓN PECUARIA SOSTIBLE. TERCEIRO ANO. REPÚBLICA DOMINICANA
Creación de módulos familiares de produción e transformación pecuaria sostible
Instituto para a Cultura y la Autogestión Popular de la Región Noroeste – INCAP
Contribuír a reartellar unha economía local sostible a partir da pequena unidade agropecuaria familiar nas comunidades El Maizal, Sabana Cruz, Boca de los Ríos e Gozuela
- Obradoiros para acordar os criterios de selección da poboación beneficiaria
- Visitas de inspección ás fincas das familias solicitantes e ás cooperativas para desenvolver o carácter familiar dos módulos pecuarios e de supervisión técnica sobre manexo de gando
- Obradoiro coas familias seleccionadas sobre a importancia da unidade socioeconómica familiar no manexo de cada módulo de crianza e da súa sostenibilidade
- Compra de 42 vacas e reasinación de 30 vacas preñadas para a instalación de 36 módulos de produción pecuaria
- Curso de dous días para trinta persoas beneficiarias sobre pastos e forraxes
- Obradoiros sobre explotación e aproveitamento de fincas silvopastorís e cinco de formación para 10 promotoras pecuarias (5 mulleres e 5 homes). Cinco obradoiros, un para elaborar unha política para o manexo do fondo de crédito para a plantación de pasto mellorado e catro para definir criterios de selección da poboación beneficiaria do fondo de pasto
- Confección e entrega de dez caixas de menciñas ás promotoras e promotores
- Posta en funcionamento de fondo de crédito para pastos nas cooperativas
- Compra e entrega de catro sementais puros, un por cooperativa
- Obradoiros sobre xenética de novos cruces de razas, para reciclaxe e actualización de 20 promotoras pecuarias (12 mulleres e 8 homes). Alimentación: fabricación de silos, sales e sementeira de pastos. Sanidade animal e novas enfermidades, deseño e organización de fincas, manexo de crianza semi-estabulada, fortalecemento do movemento campesiño da Rexión Noroeste de República Dominicana
- Procesamento dos datos obtidos de etnoveterinaria, investigación e validación para a elaboracion dos protocolos de traballo
- Construción e ampliación do local da cooperativa e tenda de alimentos balanceados e menciñas veterinarias
- Cursos sobre control de xestión de tendas veterinarias e de comercialización de carne, leite e os seus derivados
- Obradoiros sobre Manexo de fondos para pase de cría, manexo de carteira de crédito en efectivo, formulación das políticas de créditos das cooperativas
- Elaboración dun estudio sobre as potencialidades e riscos do mercado do leite para as microexplotacións leiteiras de 1 a 10 vacas
Directa: 213 persoas, socias e socios de catro cooperativas (Gozuela, Boca dos Ríos, A Costa e Maizal)Indirecta: 1.065 membros das unidades familiares (un promedio de 5 persoas)
145375