Mozos en condicións de vulnerabilidade, maioritariamente mulleres, acceden a medios de vida diversificados nos departamentos de San Vicente e Usulután, O Salvador
A proposta presentada pretende que mozas en condicións de vulnerabilidade, maioritariamente mulleres, accedan a medios de vida diversificados a través do fortalecemento de capacidades técnicas e de emprendedurismo, no departamento de Usulután, O Salvador. A execución do proxecto ten como núcleo central o Centro de Formación Profesional (CFP) Fe e Alegría en Usulután. Os e as mozas poderanse matricular en 4 cursos, que lles permitirán adquirir competencias técnicas, que serán complementadas coa adquisición de habilidades para o emprego e habilidades brandas, que incluirá un plan de formación sobre a situación de desigualdade das mulleres. Unha vez adquiridas estas competencias, poderán optar pola procura dun traballo por conta allea, ou polo autoemprego.
Fe y Alegría El Salvador (FyA)
Xeral: Contribuír á mellora de condicións de vida de mozos dos departamentos de San Vicente e Usulután, do Salvador ampliando as súas oportunidades de acceso ao mercado laboral
Específico: Mozos en condicións de vulnerabilidade, maioritariamente mulleres, acceden a medios de vida diversificados a través do fortalecemento de capacidades técnicas e de emprendedurismo, nos departamentos de San Vicente e Usulután, O Salvador.
RE 1.1 Mozos acceden a unha formación técnica, acorde ao contexto e con enfoque de xénero e de sustentabilidade ambiental
A.1.1.1. Realizar promoción de cursos e selección de mozos en alianza cos centros educativos
A.1.1.2. Construír un estudo de mercado laboral.
A.1.1.3. Desenvolver cursos de formación técnicas
A.1.1.4 Poñer en marcha Intervencións técnicas comunitarias (prácticas de aplicación de coñecementos).
RE 1.2 Mozos ven aumentadas as súas oportunidades de acceder a empregos por conta allea
A.1.2.1 Implementar plan de formación para o desenvolvemento de habilidades para a vida con enfoque de xénero
A.1.2.2 Implementar plan de formación para o desenvolvemento de habilidades para o emprego
A.1.2.3. Realizar servizos de intermediación laboral para mozos participantes de todas as accións formativas.
RE 1.3 Mozos contan con habilidades para o emprendedurismo baixo o enfoque de economía social solidaria con enfoque ambiental
A.1.3.1 Formar en emprendedurismo baseado na metodoloxía de emprendemento con propósito e o enfoque de economía social solidaria.
A.1.3.2 Desenvolver de talleres prácticos en elaboración de plans de negocio.
A.1.3.3. Entregar capital semente para 5 emprendementos sociais solidarios
A.1.3.4. Dar seguimento á posta en marcha de emprendementos.
Directa: 250 (90 homes; 1650 mulleres)
Indirecta: 1.250 (550 homes; 700 mulleres)
Axuda Xunta de Galicia: 184.940,34€ (73.976,14€ en 2023 e 110.964,20€ en 2024)