Mulleres, acuicultura e reforzo institucional para o desenvolvemento sostible da economía azul na rexión Mar de Piura, Perú
O presente proxecto ten como obxectivo principal contribuír ao incremento da sustentabilidade das cadeas de valor vinculadas ao sector pesqueiro e acuícola na rexión de Piura, mediante o fortalecemento produtivo de iniciativas empresariais situadas na Baía de Sechura e o reforzo dos mecanismos de gobernanza operativos na rexión de Piura.
Nun contexto de crecente preocupación polos efectos do cambio climático sobre a conservación dos recursos mariños e a súa explotación económica, a intervención busca adaptar os sistemas de produción e xeración de ingresos das comunidades costeiras, permitíndolles mellorar a súa calidade de vida de maneira compatible coa protección e conservación da contorna natural.
Ministerio da Produción (PRODUCE) – Dirección Xeral de Pesca Artesanal (DGPA)
Xeral: Incrementar a sustentabilidade da cadea de valor asociada ao medio pesqueiro e acuícola na rexión de Piura.
Específico: Fortalecemento produtivo das iniciativas empresariais situadas na Baía de Sechura e reforzo dos mecanismos de gobernanza na rexión de Piura para aumentar a súa capacidade de adaptación fronte aos efectos do cambio climático.
RE 1.1: Mellorada a eficiencia e a sustentabilidade da cadea produtiva da cuncha de abanico na Baía de Sechura.
A 1.1.1. Capacitación dirixida a técnicas e técnicos das OSPAS para a produción de semente (hatchery) en protocolos de mantemento, limpeza e optimización do ciclo produtivo da cuncha de abanico, así como na produción e mantemento para a fase de preengorde.
A 1.1.2. Elaboración dun protocolo de boas prácticas para o funcionamento e mantemento das instalacións de hatchery.
A 1.1.3. Asesoramento técnico ás OSPAS para a provisión de semente de laboratorio aplicando os protocolos de boas prácticas elaborados.
RE 1.2: Fortalecidos os procesos de comercialización e venda de produtos hidrobiolóxicos liderados por mulleres, dirixidos a mellorar a súa calidade de vida e os niveis de rendemento económico.
A 1.2.1. Elaboración de estudos de prospección de mercado adaptados ás características e ao potencial produtivo das dúas asociacións de comercializadoras.
A 1.2.2. Obradoiro de traballo coas asociacións de comercializadoras para a análise dos contidos da prospección de mercado, así como da aplicación práctica dos seus resultados en cada contexto específico.
A 1.2.3. Capacitación dirixida ás asociacións de comercializadoras para a adecuación dos criterios de preparación, procesamento, conservación e etiquetaxe segundo os criterios establecidos polo PMA e/ou outros compradores, e apoio técnico para a sinatura dun acordo de colaboración.
RE 1.3: Fortalecidas as capacidades técnicas das entidades gobernamentais vinculadas ao sistema de produción acuícola na Baía de Sechura e ao impulso do turismo vivencial sostible na rexión de Piura.
A 1.3.1. Capacitacións para o persoal técnico das institucións implicadas (FONDEPES, Dirección Xeral de Acuicultura) na produción de cuncha de abanico, co fin de aumentar a sustentabilidade do recurso.
A 1.3.2. Creación dunha mesa de traballo interinstitucional para favorecer as iniciativas de diversificación económica a través do impulso do turismo marítimo-pesqueiro.
Directa: 167 persoas (86 mulleres e 81 homes)
Indirecta: 65.186 persoas (32.250 mulleres e 32.936 homes)
100.000 € (2025)