Mulleres bravas de Honduras e Galicia. Tendendo pontes entre defensoras da vida
O proxecto ten como obxectivo visibilizar as problemáticas globais relacionadas coa sobreexplotación de recursos naturais en todo o mundo e que afectan especialmente aos países empobrecidos (extracción de materias primas, produción de enerxía, e explotación da terra, entre outras). A través da conexión das realidades de Honduras e Galicia, abórdanse obxectivos como a reflexión sobre os impactos ambientais e sociais do noso actual modelo de consumo e desenvolvemento, así como alternativas sostibles de xestión dos recursos que exemplifiquen que outro modo de producir, consumir e vivir é posible. Trátase dun proxecto cuxo xermolo foi o desenvolto en 2019 por ESF Galicia. Neste caso se une AdT Galicia, ao estar de novo AdT presente na zona do sur de Honduras, e ter colaborado as dúas organizacións na difusión da realidade do Golfo de Fonseca.
Para a realización do proxecto séguense dúas liñas de acción, a primeira consistente en crear pontes de unión entre os movementos da sociedade civil de Honduras que presenten alternativas sustentables, e o segundo en visibilizar o enfoque de cidadanía global das resistencias ao extractivismo e das alternativas sustentables nos públicos meta máis accesibles polas entidades solicitantes (escolas universitarias e colectivos cidadáns de defensa do territorio).
Xeral: Contribuír a un modelo de desenvolvemento respectuoso ca paisaxe, o patrimonio, a biodiversidade e as persoas, que asegure os bens e servizos básicos para a vida en todo o mundo.
Específico: Visibilizados os impactos sobre as persoas e o medio ambiente dos proxectos industriais e extractivos en Honduras e Galicia, así como alternativas sustentables, con especial atención ás mulleres.
RE 1.1. Creadas pontes entre organizacións e movementos da sociedade civil de Honduras e Galicia para a protección da vida e/ou que impulsan alternativas sustentables, con especial protagonismo das mulleres.
A.1.1.1. Encontros con plataformas e movementos de defensa do territorio de Galicia e Honduras.
A.1.1.2. Encontros con plataformas e iniciativas de alternativas produtivas sustentables e de economía social de Honduras e Galicia.
A.1.1.3. Programa de coñecemento da realidade. Visita a Honduras de activistas de Galicia.
RE 1.2. Visibilizado o enfoque de cidadanía global das resistencias ao extractivismo e das alternativas sustentables nos públicos meta máis accesibles polas entidades solicitantes (escolas técnicas universitarias e colectivos cidadáns de defensa do territorio).
A.1.2.1. Campaña de comunicación para a difusión dos impactos globais do extractivismo.
A.1.2.2. Escola de sustentabilidade e cidadanía global. Formación sobre impactos e alternativas do extrativismo en Galicia e Honduras.
Directa: 131 persoas das cales 59 son homes e 72 mulleres.
Indirecta: 3.900 persoas, das cales 1.900 son homes e 2.000 mulleres.
Axuda Xunta de Galicia: 45.000,00 € (2021: 18.000,00 € ; 2022: 27.000,00 €)